14.5 C
Pontevedra
Venres, 18 de Outubro de 2024
Máis
    HomeComarcasRedondelaExcursión guiada para coñecer mellor o patrimonio etnográfico de Covelo

    Excursión guiada para coñecer mellor o patrimonio etnográfico de Covelo

    O Concello de Covelo convida a coñecer parte do seu patrimonio etnográfico e participar na excursión “En Ruta Coñecer Covelo” o sábado día 13. A inscrición xa está aberta e poderase realizar contactando nos números de teléfono 646 600 059 / 629 14 17 15. Patrocinada pola Deputación de Pontevedra e organizada polo Concello e a Casa-Museo etnográfico Pazo da Cruz, a excursión ten un custo de sete euros e inclúe o seguro.

    A saída será dende a praza Mestre Cerviño de Covelo ás 10.00 h donde o etnógrafo e escritor Maximino Fernández Sendín procederá á explicación da simboloxía e elementos do cruceiro da praza. A continuación desprazaranse en autobús ao barrio da Ermida para visitar a Casa-Museo Etnográfico Pazo da Cruz, considerado segundo Sendín un dos museos etnográficos máis importantes de Galicia, reúne máis de seis mil pezas de gran valor histórico nunha casa de máis de catro séculos. De aí os e as excursionistas visitarán a praia fluvial de Maceira. A seguinte parada será na Graña para visitar o dolmen de Rebordechán e a Casa-Museo Leonides que é a vivenda tradicional máis primitiva da comarca, conta cunha eira de mallar o centeo. A viaxe remata coa visita ao santuario da Xestosa, lugar de devoción preto do nacemento do río Tea. Ás 14:30 estarán de regreso na praza Mestre Cerviño de Covelo.

    No percorrido en autobús será obrigatorio o uso da mascarilla. Máis información na páxina do Concello.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.