O Concello de Baiona, a través da Xefatura da Policía Local, realizará o mércores 17 de xullo pola noite, un corte de tráfico e desvíos con motivo da actuación de Orquestra Panorama ás 23:00 horas nas festas en honra á Virxe do Carmen. O corte de tráfico levará a cabo no intervalo horario das 22:00 horas do 17 ata as 02:30 horas do día 18 de xullo.
O corte ABSOLUTO do tráfico rodado na PO-552, a travesía que cruza a vila, será desde a rotonda do Porto Pesqueiro (PK. 16’400) ata a rotonda do “Villa Rosa”. Este tramo da vía converterase en peonil durante a actuación do orquestra para dar maior seguridade ao público asistente ao evento.
O operativo de PRE-SINALIZACIÓN na PO-552 con desvíos alternativos será en dirección VIGO– BAIONA:
- Na rotonda da autoestrada en Sabarís
- Na rotonda do “Persígueme”
- Na rotonda de “Puga” En dirección A Guarda – BAIONA:
- Na rotonda de Baredo
- Na rotonda do “Villa Rosa”
- A desviación da circulación de vehículos durante o período sinalado efectuarase polos viais da EP 2201(subida a Baíña), EP 2202 (subida á Virxe da Roca), EP 2203 (subida a Baredo) e viais secundarios.
Desde o Concello de Baiona faise un chamamento á colaboración da veciñanza e de todas aquelas persoas que se acheguen a Baiona para gozar das festas en honra da Virxe do Carmen para que o operativo de tráfico desenvólvase da mellor forma posible, solicítase prudencia á hora de circular pola zona e pídense desculpas ás persoas afectadas polas molestias que poidan ocasionar o operativo.
Este corte é necesario para garantir a seguridade das persoas asistentes á verbena xa que se prevé unha gran afluencia de público e debemos velar pola seguridade nas nosas rúas.