Mércores, 30 Outubro de 2024

Alerta en Ponteareas polo roubo de alumeado público: o Concello pide axuda aos veciños

A concellería de Infraestruturas do Concello de Ponteareas alerta de que se están a producir roubos de cableado do sistema de iluminación pública en varias parroquias do municipio, unha situación que xa está sendo investigada pola Policía Local.

Co obxectivo de previr novos incidentes, tanto o Concello como a Policía solicitan a colaboración da veciñanza para informar sobre a presenza de vehículos sen identificación oficial nin logotipos de empresas eléctricas recoñecidas se son observados manipulando instalacións de alumado público.

A concelleira Raquel Bautista, responsable desta área, sinala que as reparacións que se deben realizar a consecuencia destes roubos representan un custe elevado para as arcas municipais e deixan á escuras zonas que perden seguridade, afectando á tranquilidade dos veciños.

“A única entidade autorizada para traballos no alumado público é o propio Concello, que dispón dun vehículo serigrafiado co seu nome e que só realiza servizos nocturnos en casos de emerxencia”, recorda a concelleira.

En caso de calquera sospeita, recórdase á cidadanía que pode contactar coa Policía Local no teléfono +34 618 70 56 26 para colaborar na protección dos bens públicos