Arbo

Arbo presenta en Lisboa a Festa da Lamprea

O Concello de Arbo preseentou a 59 Festa da Lamprea no Centro Galego de Lisboa, nun acto dirixido a socios e socias, autoridades e medios de comunicación da capital portuguesa. Esta presentación forma parte das iniciativas de promoción desta festa, declarada de Interese Turístico Nacional, que desenvolve o Concello. O alcalde de Arbo, Horacio Gil, foi o encargado de relatar as bondades desta celebración que mobiliza a toda a localidade durante semanas coas actividades xeradas ao redor dela.

A Academia Galega de Gastronomía visita Arbo

O Centro de Interpretación do Viño e a Lamprea, Museo Arabo, de Arbo recibiu na pasada semana a visita da Academia Galega de Gastronomía. Acompañados polo alcalde de Arbo, Horacio Gil, os visitantes tiveron a oportunidade de percorrer o museo, lugar onde constataron a estreita vinculación dos veciños e veciñas de Arbo coa lamprea e o viño.

A Banda de Música de Arbo, 'Arbense Distinguido'

O Concello de Arbo, aprobou na súa sesión plenaria do 25 de marzo, nomear 'Arbense Distinguido' á Banda de Música de Arbo, unha formación musical que naceu no ano 1890 sendo alcalde do concello de Arbo Antonio Barreira de Sela. O maior interese desta primeira etapa residía en xuntarse coa intención de constituír unha Agrupación Musical (Banda de Música) aproveitando que en Arbo había unha serie de persoas que tocaban, dalgunha maneira, un ou outro instrumento, ademais de outras persoas que fortemente entusiastas desta actividade.

Arbo acollerá un encontro dos mellores «bloggers» gastronómicos e turísticos de Galicia

Arbo será escenerario, esta próxima fin de semana, do encontro de bloggers #SaboresdeArbo, un evento que se enmarca dentro das actividades que o Concello organiza para promover os sabores únicos e emblemáticos do viño e a lamprea e a súa festa por excelencia a Festa da Lamprea, que este ano cumpre a súa 59 edición e que terá lugar os días 26, 27 e 28 de abril. Por primeira vez, os blogueros gastronómicos e de viaxes, con miles de seguidores, visitarán a “capital mundial da lamprea”.

Arbo traslada ao domingo 10 de marzo o Desfile de Comparsas

O domingo 10 de marzo terá lugar en Arbo o Desfile de Comparsas de Entroido que foi suspendido o pasado domingo 3 de marzo polas malas condicións meteorolóxicas na provincia de Pontevedra. Este tradicional evento reúne todos os anos a comparsas do Concello de Arbo, de concellos veciños da comarca Condado e A Paradanta e do país veciño Portugal.

Suscribirse a este canal RSS