A Banda de Música de Arbo, 'Arbense Distinguido'

O Concello de Arbo, aprobou na súa sesión plenaria do 25 de marzo, nomear 'Arbense Distinguido' á Banda de Música de Arbo, unha formación musical que naceu no ano 1890 sendo alcalde do concello de Arbo Antonio Barreira de Sela. O maior interese desta primeira etapa residía en xuntarse coa intención de constituír unha Agrupación Musical (Banda de Música) aproveitando que en Arbo había unha serie de persoas que tocaban, dalgunha maneira, un ou outro instrumento, ademais de outras persoas que fortemente entusiastas desta actividade.

A agrupación estivo un pouco apagada ata que no ano 1923 coa chegada de 'don Fermín'. Entre os anos que pasan entre o 1934 e 1945-1946 (descontando os anos da Guerra Civil), a Banda seguiu operativa pero non é ata o ano 1949 cando colle impulso.

Ao longo dos trinta anos que tivo de vida a Banda, sen esquecer as interrupcións que houbo, os compoñentes variaron entre os vinte e os trinta e cinco, con idades comprendidas entre os dezaseis e os sesenta anos, tendo actuacións por toda a comarca do Condado-Paradanta e incluso en parroquias ou concellos doutras provincias de Galicia. No ano 1956 a banda Arbense desaparece ata o ano 1991 sendo alcalde do Concello de Arbo Manuel Rivera, que promove o proxecto de “rexurdimento” da Banda de Arbo que levaba máis de 40 anos desaparecida.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, lembrou que na actualidade o Concello de Arbo conta coa Banda de Música de Arbo, a Banda de Música Infantil de Arbo e a Escola de Música de Arbo, donde nenos e nenas con idades comprendidas entre os 7 e os 16 anos "viven con ilusión a música e seguen coa tradición que comezou a finais de 1800". "Moitos foron os veciños e veciñas –explica Horacio Gil– que coa súa aportación, esforzo e apoio fixeron de novo realidade aquel soño que rematara no ano 1953".

O certo é que na actualidade a Banda de Arbo, é recoñecida a nivel galego e incluso nacional polo premios acadados. Arbo esta considerado cuna de grandes músicos e moitos son os que rofesionalmente se adican a esta actividade despois de abandonar a agrupación, nos primeiros anos e na actualidade.

Este distintivo como 'Arbense Distinguido' que perdurara ao longo dos anos e quedará na historia, recoñece e felicita a importante labor desenvolvida no ámbito da cultura e en virtude de dito recoñecemento á se entrega en acto público 'Gala da Lamprea' o 21 de abril de 2019, "un obsequio representativo deste Concello, en agradecemento á importante labor que a Banda de Música de Arbo ven desenvolvendo no ámbito social e cultural desta vila dende o ano 1890", conclúe o alcalde de Arbo.