Covelo

A Deputación inugura, en Covelo, as 'DEPOrte Escolas' de Taekwondo

Máis de oitenta nenos e nenas da provincia participarán nas 'DEPOrte Escolas' de taekwondo que foron inauguradas pola deputada de Deportes, Chelo Besada, no CEIP Antonio Blanco Rodríguez de Covelo. Os nenas e nenos de Covelo, Ponte Caldelas e Cerdedo-Cotobade, con idades comprendidas entre os 5 e os 15 anos, serán os que se beneficien desta iniciativa.

Uxío Benitez e o alcalde de Covelo, analizan a mellora das vias provinciais

O deputado provincial de Mobilidade, Uxío Benítez, e a directora de área da institución provincial, Isabel Pardo de Vera, reuníronse hoxe co alcalde de Covelo, Juan Pablo Castillo Amigo, para falar das necesidades das vías provinciais no municipio. Benítez asegurou que a Deputación estudará a viabilidade das tres actuacións que o concello de Covelo plantexa a maiores das accións xa solicitadas ao abeiro do Plan Móvese. Trátase de dúas actuacións na estrada que vai de Covelo á parroquia de Barcia de Mera (EP-5106); e unha actuación na estrada que vai de Maceira á Grana (EP-5105).

Segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera co cuarteto Schubert

O Cuarteto de Corda Schubert protagoniza o segundo concerto do Ciclo de Música Relixiosa de Barcia de Mera que se desenvolve na Igrexa de San Martín de Covelo, este sábado 21 de maio ás 20:30 horas. Este cuarteto de corda está formado por Elena Escalza, Gabriel Bussi, Fumika Yamamura e Adrián Linares Reyes, músicos da Orquestra Sinfónica de Galicia e interpretarán un programa con música exclusivamente de Schubert, Haydn e Mozart.

Suscribirse a este canal RSS