Crecente

Crecente, o BNG irrumpe en escena pero o PP mantén unha folgada maioría

Crecente é un reflexo, máis ou menos, de Covelo onde as sorpresas gustan pouco. En todo caso, o bo traballo realizado polo BNG fai que, entre na corporación municipal cun concelleiro que lle 'rouba' ao PP que, pese a iso mantén unha folgada maioría absoluta de 8 concelleiros dun total de 11. Pola súa banda, o PSdeG-PSOE, repite resultados e mantén os dous concelleiros que xa tiña no anterior mandato.

Vinte empresas presentan ofertas para executar as melloras do saneamento en Sendelle e Ameixeira

Un total de 20 empresas presentan as súas ofertas para executar as obras de mellora do sistema de saneamento nas parroquias de Sendelle e Ameixeira, en Crecente, por un investimento de máis de 523.000 euros. A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, colabora co concello co obxectivo de dotar a estes núcleos de poboación dunha nova rede de colectores, ao non dispor na actualidade dunha rede de saneamento axeitada.

A Deputación construirá un muro de contención na rúa Mon y Landa de Crecente

O departamento de Mobilidade da Deputación de Pontevedra vai construír un novo muro de contención na rúa Mon y Landa do Concello de Crecente para estabilizar un noiro e evitar o esvaramento da calzada nun treito duns cen metros de lonxitude na estrada provincial EP-5005 Cañiza-Pousa. O deputado Uxío Benítez explica que as obras consistirán na construción dun novo terraplén e dun muro de escollera que permitirán conter as terras nas que se asenta a vía garantir o tránsito de vehículos e de peóns con seguranza viaria.

A Xunta reforza o papel da Ruta da Lamprea como reclamo turístico de inverno

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, acompañada do alcalde do concello pontevedrés de Crecente, Julio C. García-Luengo, visitou hoxe o resultado das obras de mellora e acondicionamento das pesqueiras deste municipio. Os traballos reforzan o papel da Ruta da Lamprea como un reclamo cada vez máis importante para impulsar o desenvolvemento turístico do interior de Galicia especialmente no inverno e primavera, coincidindo coa tempada de pesca deste peixe.

A Xunta colabora na redución da factura enerxética de Crecente

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, visitou onte o concello de Crecente co obxectivo de analizar, xunto ao alcalde da localidade, Julio César García-Luengo, os proxectos executados a través do Fondo de Compensación Ambiental da Consellería de Presidencia que permitiron reducir a factura enerxética do municipio.

Suscribirse a este canal RSS