a guarda 2019

A Guarda abre a inscrición para un curso sobre uso seguro de internet

A Concellería de Educación do Concello da Guarda abre o prazo de inscricións para un Curso sobre o uso seguro de internet e TIC enfocado especialmente a educadores e adultos. O Curso, cunha duración total de 6 horas repartidas ao longo das xornadas do luns 22, mércores 24 e venres 26 de abril, impartirase en horario de 20:00 h a 22:00 h na Aula Cemit no primeiro andar do Centro Cultural da Guarda.

Neste curso os pais e nais e educadores aprenderán cómo é o funcionamento básico de internet, para que coñezan de primeira man o uso que poden facer os alumnos e fillos e poder promover un uso seguro das novas tecnoloxías.

As inscricións están xa abertas a través da Concellería de Cultura e no enderezo electrónico Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo. ata o 15 de abril.