A Guarda oferta unha praza de informador turístico

O Concello da Guarda selecciona unha praza de persoal para a realización de tarefas de información na Oficina de Turismo adherida á rede de oficinas de turismo info Rías Baixas do Concello da Guarda. O posto contará cun contrato laboral de duración determinada de 7 meses a xornada completa de luns a domingo.

A Titulación esixida para poder acceder a esta praza é a de diplomatura/grado en Turismo; ciclo superior en Guía, Información e Asistencia Turística o Ciclo Superior en Comercialización Turística e Guía ou certificado de profesionalidade en promoción turística local e información ao visitante (código HOTI0108).

As bases completas da convocatoria están a disposición dos interesados no rexistro do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres, e na sede electrónica do concello  da Guarda, ata o 24 de maio de 2019, data na que remata o prazo para a presentación de instancias.