A Guarda abre a contratación laboral temporal dun patrón para o servizo de salvamento

O Concello da Guarda selecciona un patrón de embarcación para cubrir o servizo de salvamento e vixilancia das praias do Concello, durante 2,5 meses a xornada completa. Titulación mínima esixida: patrón de navegación básica (PNB) ou patrón de embarcación de recreo (PER) ou licenza federativa para o goberno de embarcacións de recreo. As bases da convocatoria están a disposición dos interesados no Rexistro e na sede electrónica do concello (http://aguarda.sedelectronica.gal)

O prazo de presentación de instancias, será 7 días naturais dende o día seguinte a publicación do presente anuncio no Faro de Vigo (09/06/2019), na forma sinalada nas bases da convocatoria.