O Rosal

O Rosal, de maioría absoluta do PP a maioria absoluta do BNG

Non é nin fácil nin habitual. Que un concello con 13 concelleiros/as pase dunha maioría absoluta de 8 do PP (que perde 3), a unha maioría absoluta de 7 do BNG (que gaña 4), non é unha sorpresa. É un sorpresón ou un auténtico 'Sorpasso', sobre todo se temos en conta que no 2011, o BNG tiña tan só 2 concelleiros fronte aos 9 populares.

Os socialistas do Rosal presentan este sábado a súa candidatura ás Eleccións Municipais

Os Socialistas do Rosal presentan este sábado ás 12:00 h a súa candidatura ás Eleccións Municipais nun acto que terá lugar no Salón Multiusos do Centro Social Polivalente do Rosal e que será presentado por José Manuel Domínguez Freitas, exalcalde da Guarda. Na presentación intervirán o senador socialista, Modesto Pose e o candidato á Alcaldía, José Carlos Martínez Crespo..

O Rosal financiará a adquisición dun vehículo para recollida de lixo co Plan Concellos

O deputado de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación o próximo luns, pola Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, do primeiro investimento para O Rosal con cargo á Liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, serán 142.000 euros para financiar a adquisición dun vehículo para a recollida de lixo. Neste ano 2019, ao abeiro do Plan Concellos, o Goberno provincial pon a disposición do Rosal un total de 583.312,29 euros, un 3,11% máis que no 2018.

A «III BTT Ruta do Viño Rías Baixas» pasará polo Rosal e Tomiño

A Ruta do Viño Rías Baixas celebrará o domingo 21 de outubro, a terceira edición da BTT Ruta do Viño Rías Baixas, na que os organizadores esperan un novo éxito de convocatoria, con máis de 250 participantes. Esta terceira edición trasládase a O Rosal e foi presentada onte no Pazo de Mugartegui. A proba contará cun percorrido de de 45,5 quilómetros, discorrerá entre os concellos do Rosal e Tomiño e terá o seu punto de inicio e finalización na Praza do Concello do Rosal.

Medio Rural destinou máis de 120.000 euros para mellora de camiños municipais do Rosal

A conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez, mantivo unha xuntanza coa alcaldesa do Rosal, María Alonso, para analizar a situación actual deste municipio pontevedrés en canto ao acondicionamento dos camiños de titularidade municipal, que redundan nunha mellora da calidade de vida dos veciños. A conselleira salientou que nos últimos tres anos a partida orzamentaria destinada a este municipio dentro do Plan Marco de mellora de camiños foi de 122.550 euros, sendo a contía para este ano de 38.509 euros.

A Deputación aproba dúas novas achegas ao Rosal ao abeiro do Plan Concellos

A Deputación de Pontevedra vén de aprobar, mediante resolucións provinciais, dúas novas axudas ao Concello do Rosal por un valor total de 30.337,26 euros ao abeiro do Plan Concellos 2018. Dentro destes investimentos, 25.285,21 euros irán destinados á mellora da senda peonil de pescadores e 5.052,05 á merca de equipamento de recollida selectiva de lixo.

Suscribirse a este canal RSS