Tomiño

Café en Tomiño para conmemorar o Día Europeo da Información Xuvenil

Continuando cos actos de conmemoración da Semana Europea da Mocidade, o Concello de Tomiño, a través da súa Oficina Municipal de Información Xuvenil, vén de celebrar un encontro informal coa mocidade tomiñesa 'Toma un café con Europa', co fin de conversar e debater de forma distendida sobre temáticas coma a Unión Europea, retos de futuro, etc.

Alumnado de Xeografía e Historia da USC e Minho visitan a Eurocidade Tomiño-Cerveira

A Eurocidade Cerveira-Tomiño esperta o interese do estudantado de Xeografía e Historia. Arredor de 70 alumnos e alumnas e seis docentes das universidades de Santiago de Compostela e Minho (Braga) visitaron Tomiño para coñecer de primeira man os pormenores deste proxecto das dúas beiras do Miño, con especial fincapé nos orzamentos participativos por ser “unha experiencia pioneira a nivel transfronteirizo”.

Tomiño presenta as actuacións de reestruturación e mellora dos espazos públicos de Goián

O Concello de Tomiño presentou, no Centro Goianés, o proxecto de reestruturación e mellora dos espazos públicos de Goián, un dos dous núcleos urbanos que artellan a vila tomiñesa e que ata o de agora carecía dunha planificación urbanística sostible acorde coas necesidades da veciñanza, ameazando o futuro do seu patrimonio arquitectónico. Aínda que o proxecto ven do 2009, para dotar ás actuacións dun marco xurídico axeitado, o Concello de Tomiño, redactou unha modificación puntual do PXOM que foi aprobada definitivamente no ano 2018.

Tomiño recibe tres subvencións por importe de 827.000 euros para proxectos de eficiencia enerxética

O Concello de Tomiño vén de recibir tres novas subvencións do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro de Enerxía (Ministerio de Transición Ecológica de España), por importe de 827.067,77 euros, para acometer importantes proxectos de eficiencia e aforro enerxético. O pleno de Tomiño aprobou en sesión extraordinaria este luns un expediente de modificación de crédito de 502.993,19 euros que lle permitirá achegar ao Concello a parte que lle corresponde na financiación de tales proxectos, para os que o Concello achegará uns 470.000 euros de fondos propios.

Tomiño organiza unhas xornadas sobre asociacionismo no eido local

O Concello de Tomiño organiza as 'Xornadas Formativas sobre Asociacionismo no ámbito local', actividade que terá lugar na Casa da Cultura os días sábados 6 e 13 de abril. A actividade, denominada 'Kit de primeiros auxilios para asociacións sen ánimo de lucro', é un ciclo de dúas xornadas formativas en horario de 10:30 h a 13:30 h e de 16:30 h a 19:30 h, organizadas polas Concellerías de Cultura e Deportes do Concello de Tomiño.

Suscribirse a este canal RSS