A Cabalgata de Reis en Tomiño sairá dende o Campo do Alivio

A Cabalgata de Reis do Concello de Tomiño, sairá mañá, 5 de xaneiro, dende o Campo do Alivio ás 16.30 horas. O percorrido transcorrerá polas rúas céntricas con rumbo á Praza do Seixo.

 

Neste punto terá lugar a recepción dos nenos e nenas por parte das Súas Maxestades os Reis; a entrega de agasallos e reparto de papeletas para o sorteo dunha bici, tablet, patins, drons, etc.

O sábado 7 de xaneiro, dentro da programación de Nadal organizada polo Concello, chega “O mundo máxico de Pinocho”. A función, a cargo de Educa Teatro, será no Auditorio de Goián, ás 18.00 horas, con entrada de balde para nenos e nenas e de 3 euros para adultos.

Pechará o programa outra obra de teatro infantil-musical, “Vaioviravai – As andanzas de Paio”. Tamén no auditorio, ás 18.00 horas. Coma na anterior actividade, a entrada será de balde para o público infantil e de 3 euros para o adulto.