Venres, 1 Novembro de 2024

O Condado

Mondariz programa un concerto de Tino Baz en homenaxe a Rosalía de Castro

A programación cultural do Concello de Mondariz segue centrada este mes de febreiro na memoria de autores da terra galega.

O Concello comparte co alumnado dos institutos de Ponteareas os seus programas para a mocidade

O Concello está a visitar todas as aulas dos institutos de Ponteareas para dar a coñecer os programas que se promoven dende a Concellería de Mocidade, que dirixe Miguel Bouzó, para ofrecer vantaxes, actividades e servizos aos mozos da vila.

Ponteareas reformará o centro Asprodico potenciando a sostibilidade e o confort de usuarios

O Concello vén de sacar a licitación a execución do proxecto de mellora do centro municipal Asprodico, no que se prestan con carácter principal servizos de atención temperá e de atención diúrna terapéutica ocupacional.

A alcaldesa de Salvaterra supervisa o inicio das prácticas do obradoiro de emprego sustentable

O Concello de Salvaterra de Miño, como beneficiario do Obradoiro de Emprego Sustentable, en colaboración co Concello de Salceda de Caselas, están a levar a cabo as prácticas que se corresponden ao Certificado de Profesionalidade de Actividades Auxiliares en Aproveitamentos Forestais.

Mondariz construirá un gran área de deporte urbano ao abeiro do plan ReacPon

Un gran área de deporte urbano, de 4.500 metros cadrados de superficie, servirá para recuperar un espazo degradado en pleno centro de Mondariz e, á vez, conectar os espazos de Rede Natura nas beiras do río Tea co propio tecido urbano.

Ponteareas proxectará de marzo a decembro oito películas gañadoras e finalistas dos premios Mestre Mateo

O Concello de Ponteareas formará parte do ciclo 'Mestre Mateo' que organizan a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra. Esta actividade traerá á vila do Tea as películas gañadoras e finalistas nos premios do cinema galego este ano de maneira totalmente gratuíta. O Concello proxectará cada mes, dende marzo, agás en xullo e agosto, ata decembro, as oito películas que compiten polos galardóns.

A Xunta impulsa o novo local de axuda no fogar de Mondariz e o ecoparque do Rosal

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, vén de impulsar a habilitación do novo local do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) de Mondariz e a creación do ecoparque infantil O Sobreiral, no Concello do Rosal, ao abeiro das axudas da orde para a mellora de infraestruturas e equipamentos de uso público do ano 2021.

Ponteareas incorporará un novo vehículo para ampliar prazas de transporte adaptado municipal

O Concello de Ponteareas quere incorporar tres novos vehículos ao seu parque móbil para continuar actualizando e mellorando a atención dos distintos servizos públicos. Por este motivo, vén de saír a licitación a adquisición dun vehículo “para ampliar o servizo de transporte adaptado municipal e aumentar as prazas dispoñíbeis.

Salvaterra conta cu novo clube de montaña, Airiños

O Concello de Salvaterra de Miño vén de recibir no Salón de Actos a presentación de Airiños, un novo clube de montaña interfronteirizo e que terá a súa sede en Salvaterra de Miño.

AporM asegura que o Goberno de Mondariz deixa sen utilizar as axudas previstas para as traídas de augas veciñais

Alternativa por Mondariz (AporM) denunciou onte que o Concello de Mondariz, a través dunha resolución da alcaldía, vén de baleirar a partida do Orzamento Municipal de 2021 destinada a Axudas para traídas veciñais, que estaba dotada de 5.000 €. O goberno municipal do BNG-PSOE decidiu destinar este importe a “levar a cabo a aprobación de facturas das áreas de gasto”,xa que a súa dotación “non vaiser usada”.

Ponteareas, protagonista do festival Convergencias Galicia-Portugal con catro propostas culturais

O Concello de Ponteareas volverá a ser un dos eixos ca cultura galega e portuguesa nunha nova edición do festival Convergencias Galicia-Portugal. Dende o 24 ata o 26 de febreiro acollerá catro propostas culturais de artistas de ambos lados do río Miño para que a veciñanza poida desfrutar das súas creacións e homenaxear a figura de Rosalía de Castro e de Jóse Afonso estreitando os lazos que unen Portugal e Galicia.

Xuntanza cos propietarios das terras nas que estará a nova aldea modelo das Neves

Membros do Goberno local, da Xunta, da empresa Expoaga e propietarios das terras das parroquias de Tortoreos e Rubiós, están convocados este mércores, día 9 a unha reunión para avanzar na posta en marcha da nova aldea modelo das Neves.