Grande éxito do Club Natación Ponteareas na primeira cita autonómica deste ano 2022. O complexo deportivo Álvaro Pino acolleu a pasada fin de semana o Campionato Galego Máster de Inverno.
O depósito do muíño de Luís, unha infraestrutura fundamental para o abastecemento de auga no centro urbano de Mondariz, comezou 2022 cun funcionamento optimizado grazas ás obras de remodelación integral que se realizaron nas últimas semanas de 2021.
Hai un tempo que se está a xerar certo debate na vila do Tea, sobre o novo plan de mobilidade. Os debates entorno as medidas que supoñen retirar tráfico en favor das persoas, son repetitivos. Non é Ponteareas o único caso nin ha ser o último.
Ponteareas quere render homenaxe ao mestre Rogelio Groba no día do seu 92 aniversario. O mesmo día do seu nacemento, o 16 de xaneiro, o Concello daralle os parabéns cun concerto da Banda de Música Xuvenil de Xinzo ás 18.30 horas na sala multiúsos do auditorio municipal.
A Asociación Ecocultural Búrbida, empeñada na recuperación, conservación e divulgación da memoria histórica de Mondariz e Mondariz Balneario, quere convidar a toda a veciñanza a asistir a esta conferencia pública sobre a escritora.
O Concello de Ponteareas, a través da concellaría de Medio Ambiente que dirixe Rosa Covelo Alonso, xa esterilizou a máis de 100 gatos de 14 das 17 colonias felinas que hai na vila. A edil explica que, ademais da esterilización, “tamén os identificamos e aproveitamos para realizar unha limpeza e instalar unhas casetas para botarlles a comida e que non se molle, evitando así os tuppers, o impacto visual e os plásticos no lugar”. Durante os vindeiros meses tamén se instalará sinalización para informar das colonias que xa se controlaron.
A Deputación de Pontevedra, ao través do Plan Concellos 2020, participou na financiación da nova Biblioteca Municipal de Salvaterra cun investimento de 81.138 euros, amosando unha vez máis o compromiso da administración provincial.
Unha das liñas estratéxicas do Goberno municipal de Mondariz na presente lexislatura é gañar eficiencia na subministración dos servizos públicos máis básicos, tanto a través de investimentos que melloren as infraestruturas como a través do cambio de provedores.
O Concello iniciou esta semana as obras para crear un novo acceso rodado ao Centro de Saúde das Neves. Este novo acceso estará ao carón da actual entrada peonil, dende estrada PO-415, de xeito que, unha vez rematado, fará de entrada de vehículos mentres que a actual pasará a ser de saída.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.