Venres, 1 Novembro de 2024

O Condado

O Concello de Ponteareas felicita á Agrupación Folklórica Algazara polo seu premio á dinamización rural

O Concello de Ponteareas quere dar os parabéns á Agrupación Folklórica Algazara polo seu merecido premio na II Gala dos Premios ao Dinamizador Rural que organiza o GDR Condado Paradanta.

Novas actividades no Centro Social do Maior en Leirado, en Salvaterra

Volven as actividades de dinamización no Centro Social do Maior, ubicado na parroquia de Leirado, en Salvaterra de Miño.

Enma González e Iván Rocha, gañadores dos premios da biblioteca ás persoas usuarias con máis préstamos

A biblioteca pública municipal de Ponteareas está de celebración. Coincidindo do Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas, a alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila; a segunda tenente de alcaldesa, Chus Garrote; e o concelleiro de Cultura, Fernando Groba, entregaron os agasallos ás socias e socios con máis préstamos durante todo o 2021.

Ponteareas acolle o Campionato Galego Máster de Inverno de natación

Ponteareas volve ser sede unha vez máis dunha das probas máis importantes do panorama deportivo. A vila acollerá a primeira cita do calendario de competicións en natación do 2022.

As Neves avanza na recuperación do espazo público co Plan ReacPon da Deputación

O Plan ReacPon da Deputación facilitará ao concello das Neves poder dar un novo paso cara á progresiva recuperación de espazo público na vila coa cofinanciación do proxecto de humanización da rúa Travesía Eira da Liñaza.

A familia do veciño das Neves que falecera nun incendio xa vive nunha nova vivenda nas Neves

Fátima e os seus dous fillos de 7 e 11 anos volveron ás Neves e viven xa nunha casa propiedade do Concello, grazas á concesión dun alugueiro social.

Arrancan as obras de mellora de mobilidade peonil na EP-4006 en Leirado

No día de hoxe arrancaban as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006 no treito antigo do Colexio de Leirado, unha obra que ascende a 186.000 euros e que está financiada nun 80% pola Deputación de Pontevedra (148.800 €) e nun 20% polo Concello de Salvaterra.

A Asociación Lazadoiro gañadora dos “II Premios Dinamizador Rural”

Estes galardóns outórgaos o GDR Condado Paradanta para recoñecer o traballo que, de maneira altruísta, fan as diferentes entidades privadas e/ou persoas físicas pola defensa e pola posta en valor do patrimonio (material e inmaterial) do seu territorio de actuación.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Ponteareas os vindeiros 14 e 15 de xaneiro

Ponteareas acollerá esta semana dúas novas xornadas para doazón de sangue. A concellaría de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila os vindeiros días 14 e 15 de xaneiro.

Premios e agasallos para festexar o Día das Persoas Usuarias na biblioteca municipal de Ponteareas

A biblioteca pública municipal de Ponteareas celebra o vindeiro martes 11 de xaneiro o Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas. Será unha xornada coa que render homenaxe a todas as persoas que desfrutan deste servizo e “fomentar a lectura entre toda a veciñanza.

O pavillón “Cándido Carrera” volve do Nadal cunha nova imaxen rexuvenecida

O Concello de Salvaterra de Miño vén de rematar as obras de acondicionamento e renovación da pista de xogo do Pavillón "Cándido Carrera".

A San Silvestre recolle máis de 1.500 kg de axuda para o centro de reparto de alimentos municipal

A carreira de San Silvestre de Ponteareas convértese unha edición máis en sinónimo de solidariedade. A concelleira de Benestar Social, Verónica Carrera, informa que tras o reconto contabilizáronse 1.541 quilos de axuda destinada ao centro de reparto de alimentos municipal.