Venres, 8 Novembro de 2024

O Condado

Mondariz acolle a presentación dun servizo de asesoramento tecnolóxico a autónomas e pemes

O Concello de Mondariz acollerá hoxe luns, 23 de xaneiro, unha sesión informativa de SmartPeme sobre os servizos de asesoramento en novas tecnoloxías que ofrece este proxecto da Deputación de Pontevedra ás personas autónomas e emprendedoras e ás pemes da provincia.

Ponteareas humanizará dez rúas máis

O Goberno municipal do BNG-PSOE continúa avanzando na redacción de proxectos de reforma urbana e humanización de rúas na vila de Ponteareas. Desta volta, a administración local tramita xa a licitación da redacción dos proxectos de humanización de dez rúas máis do centro urbano.

Ponteareas presenta en FITUR as mans do Corpus Christi

O Corpus Christi de Ponteareas foi un dos protagonistas o venres en FITUR, unha das feiras de turismo máis importantes a nivel internacional que cada ano se celebra en Madrid.

A Asociación Quinta do Piñeiro organiza un gran cocido en Salvaterra de Miño

A Asociación cultural Quinta do Piñeiro, en Salvaterra de Miño, organiza o seu tradicional cocido tras dous anos de parón debido a pandemia. Este terá lugar o día 29 de xaneiro as 14:00 h na casa cultural de Corzáns.

A Casa Cultural de Arcos de Ponteareas promove a creación dunha Escola de Tenis de Mesa

A Casa Cultural de Arcos ven de promover a creación dunha Escola de Tenis de Mesa en Ponteareas. As persoas interesadas neste deporte teñen a oportunidade este sábado 21, a partires das 16:30, de participar nas instalacións da Casa Cultural nunha xornada aberta con monitores.

AporM elixe como candidato a Xoán Montes, Calis, para reilusionar á veciñanza

Xoán C. Montes Bugarín -Calis-, portavoz de AporM, vén de ser proclamado pola asemblea de Alternativa por Mondariz como alcaldable de cara ás eleccións municipais do vindeiro mes de maio.

Salvaterra inicia a primeira fase de traballo no xacemento de Os Castros en Lourido

O Concello de Salvaterra de Miño informa que despois de varios meses de traballo de investigación ven de iniciar os traballos de prospección superficial intensiva, sondeo valorativo e limpeza de gravado rupestre no xacemento de Os Castros en Lourido.

Cristina Fernández Davila convencida de que o Corpus de Ponteareas será Ben de Interese Cultural

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, manifestou hoxe o seu convencemento de que o vindeiro luns 23 a Xunta de Galicia lle comunicará persoalmente a declaración do Corpus Christi de Ponteareas como Ben de Interese Cultural Inmaterial.

Ponteareas celebra o 150 aniversario da Banda de Música A Unión de Guláns cunha ampla programación

A Banda de Música "A Unión de Guláns", en colaboración co Concello, presentará este domingo os actos conmemorativos do seu 150 aniversario. A cita é a partir das 17.00 horas na Casa Cultural de Guláns.

Mondariz celebrará o seu Entroido o 19 de febreiro

O Concello de Mondariz asume este ano a organización da festa de Entroido na localidade, que xa ten data e cartel. O tradicional concurso de comparsas e carrozas terá lugar o domingo 19 de febreiro, a partir das 17:00 horas.

Isabel Castro e Miguel Rodríguez conseguen para Ponteareas importantes triunfos no Campionato de España de Ciclocrós

O concelleiro de Deportes, Miguel Bouzó, vén de trasladar os parabéns do Goberno local ás e aos corredores que esta fin de semana acadaron excelentes resultados no Campionato de España de Ciclocrós disputado na localidade barcelonesa de Vic.

Rematadas as obras da primeira fase de rehabilitación da antiga Casa da Sociedade en Fornelos

O Concello de Salvaterra de Miño, en colaboración coa Comunidade de Montes de Fornelos, ven de rematar a primeira fase de rehabilitación do que era a antiga Casa da Sociedade, na parroquia de Fornelos.