O Museo municipal de Ponteareas protéxese da luz solar. O Concello vén de instalar unha serie de vinilos nas cristaleiras que, ademais de ter un efecto estético e identificativo das propias instalacións, permite protexer as obras que acolle o museo dos raios ultravioletas e favorecendo unha mellor conservación de cada unha das pezas.
O Club Natación Ponteareas comeza o ano do mellor xeito posible: conquistando o Campionato Galego Máster de inverno, que reuniu na vila a máis de 400 deportistas de 32 equipos de Galicia e do resto de comunidades autónomas.
O cambio de ano trouxo copiosas choivas ao val do Tea que provocaron o crecemento dos ríos e desbordamentos puntuais que afectaron gravemente ás sendas fluviais do Concello de Mondariz.
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar unha achega de preto de 70.000 euros (69.021 €) para Ponteareas ao abeiro do Plan Concellos, que a destinará a financiar as obras de drenaxe transversal na estrada municipal situada en Ponte Xil, na parroquia de Guillade.
O Goberno Municipal do BNG-PSOE continua dando a coñecer os proxectos de humanización do centro urbano, que transformarán por completo rúas actualmente peonalizadas de forma transitoria para convertelas en espazos de calidade, atractivos e de encontro social.
O Club Baloncesto Condado celebrou o seu 40 aniversario por todo o alto: arroupado polo público na presentación dos máis de 80 deportistas que integran os 8 equipos de distintas categorías cos que conta o club ponteareán.
Ponteareas celebra esta fin de semana a competición autonómica de natación con récord histórico de participación en Galicia. O complexo deportivo Álvaro Pino acolle este 14 e 15 de xaneiro o Campionato Galego Máster de Inverno.
A alerta por choiva e mal tempo non conseguiu apagar a solidariedade ponteareá e a carreira de San Silvestre de Ponteareas volveu converterse un ano máis nun exemplo de bondade e apoio ás persoas que máis o necesitan.
O Concello de Mondariz está avanzando no proceso de estabilización de postos de traballo que exixe a lei. O decreto de aprobación das bases que rexerán o proceso de estabilización de postos de traballo xa foi enviado ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO), e proximamente será publicado.
O Pleno do Concello das Neves aprobou este martes o Orzamento Municipal para 2023, o sétimo que saca adiante a coalición de Goberno BNG-PSOE e o maior de toda a historia das Neves.
A Xunta abre mañá o prazo de presentación de solicitudes para a pesca da lamprea nas pesqueiras do río Tea. Así se recolle na Orde que publica hoxe o Diario Oficial de Galicia (DOG) co fin de regular e autorizar a pesca desta especie nesta zona así como fixar o período e as condicións para poder participar na tempada de 2023.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.