Xoves, 7 Novembro de 2024

O Condado

O frautista ponteareá Luis Soto gravará en directo en Guláns o seu vindeiro libro-disco

Ponteareas comeza o ano con música da man de destacados intérpretes das orquestras profesionais de Galicia, entre eles o ponteareá Luis Soto, frautista e profesor na Real Filharmonía de Galicia, docente no Taller Atlántico Contemporáneo e integrante do Trío Acivro xunto cos seus fillos, Lucas e Cecilia, co que busca introducir a nenos e nenas no mundo da música clásica a través dos contos.

As Neves aproba unha “liña de emerxencia” para arranxar os danos do temporal

O Goberno local das Neves, aprobará unha 'Liña de Emerxencia' dotada con 100.000 euros, para facer fronte aos traballos de reparación dos múltiples danos causados polo pasado temporal, en practicamente todas as parroquias do Concello.

O Concello de Ponteareas presenta ‘Airiños do meu lugar e outros textos’

O Concello de Ponteareas continúa poñendo en valor o traballo creativo das e dos seus veciños a través da colección ‘Creadores Ponteareáns’ coa presentación dun novo volume desta serie: ‘Airiños do meu lugar e outros textos’, de Emilia Estévez Villaverde, unha escritora pioneira en Ponteareas.

Ponteareas celebra o Día das Persoas Usuarias na Biblioteca Municipal

O Concello de Ponteareas celebra o vindeiro martes, 10 de xaneiro, o Día das Persoas Usuarias das Bibliotecas. A partir das 18:30 horas a Biblioteca Municipal acollerá o nomeamento das persoas usuarias na categoría infantil e adulto.

Falece o recoñecido compositor Rogelio Groba

A Deputación de Pontevedra vén de trasladar o seu “enorme e fondo pesar” polo falecemento do recoñecido profesor e compositor musical Rogelio Groba.

José Miñones reivindica en Mondariz o apoio do Goberno á transición verde dos concellos

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, reivindicou nunha visita ao Concello de Mondariz o compromiso do Goberno co municipalismo e o apoio á transición verde dos pequenos concellos.

O Apalpador visita Ponteareas este luns ás 11.00 horas

O Apalpador, ese emblemático personaxe que, segundo a tradición, baixaba das montañas a noite do 24 ou 31 de decembro para tocar o ventre das e dos máis pequenos para comprobar se comeran o suficiente durante o ano e lles deixaba agasallos e castañas, desexándolles un feliz ano novo cheo de felicidade e comida, volverá achegarse este ano para coñecer a todos os nenos de Ponteareas.

Os promotores da Plisan aproban a cesión da zona loxístico empresarial ao Concello de Salvaterra

Os promotores da Plataforma loxística industrial Salvaterra-As Neves (Plisan) aprobaron na comisión de seguimento a cesión da urbanización da zona loxístico-empresarial ao Concello de Salvaterra de Miño, así como a entrega do aproveitamento urbanístico.

Ponteareas investirá máis de 680.000 euros na limpeza de tres centros educativos nos dous vindeiros anos

O Concello de Ponteareas mantén o seu compromiso cos centros educativos da vila. O Goberno municipal acaba de sacar a licitación o servizo de limpeza, desinfección e retirada e depósitos de residuos dos CEIP Fermín Bouza Brey, CEIP Nosa Sra dos Remedios e CEIP Mestre Ramiro Sabell Mosquera, dependentes do Concello ponteareán.

Ponteareas estrea un corazón solidario para a reciclaxe de tapóns de plástico

O Concello de Ponteareas levou a cabo nos pasados días a instalación dun contedor con forma de corazón para a recollida de tapóns de plástico.

Aprobado inicialmente o Plan Especial de Infraestruturas e Dotacións para a construción dun albergue turístico en Mondariz

O Concello de Mondariz rematará este ano 2022 con significativos avances na estratexia municipal para sentar as bases do futuro desenvolvemento económico e turístico da localidade, sen depender dos longos e custosos trámites que requeriría a reactivación do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM), iniciado en 2005 e frustrado unha década despois ao crebar a empresa adxudicataria (Consultora Galega S.L.).

Ponteareas homenaxea á escritora ponteareá Emilia Estévez Villaverde cun recopilatorio da súa obra

Con “Airiños do meu lugar e outros textos” o Concello de Ponteareas aumenta a súa colección que naceu para por en valor o traballo creativo de moitos veciños e veciñas da vila do Tea: “Creadores Ponteareáns”.