Xoves, 7 Novembro de 2024

O Condado

Ponteareas conmemora este sábado o Día Internacional das Persoas con Discapacidade

Ponteareas conmemora este sábado 3 de decembro o Día Internacional das Persoas con Discapacidade cun acto aberto a toda a veciñanza ás 12.00 horas no salón de plenos da Casa Consistorial.

O Servizo de Atención Temperá da Cañiza prorrogarase dous anos máis

Na sesión ordinaria do pleno celebrado o pasado 25 de novembro, acordouse por unanimidade de toda a Corporación, a prórroga do Servizo de Atención Temperá prestado polos Concellos da Cañiza, Covelo, Mondariz, Mondariz Balneario e Melón.

Terror rural e humor pechan o ciclo de cine ‘Mestre Mateo’ en Ponteareas

Ponteareas baixa o pano esta fin de semana do ciclo de cine ‘Mestre Mateo’, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que, ao longo dos últimos meses, levou á vila a proxección gratuíta de películas gañadoras e finalistas nos premios do cine galego.

As nadadoras do CNPonteareas fanse en Lugo co título de campioas galegas

O Club Natación Ponteareas sumou esta fin de semana un novo éxito ao conquistar o equipo feminino o Campionato Galego Absoluto de natación de inverno disputado no Complexo Deportivo Frigsa de Lugo.

Novas achegas do Plan Concellos para Arbo e Ponteareas

A Deputación de Pontevedra destina novos recursos do Plan Concellos 2022-2023 por un total de 1,2 millóns de euros para os concellos de Catoira, Arbo, Marín Moaña e Ponteareas, destinadas a actuacións nos equipamentos e servizos municipais, así como a melloras nos viarios destes concellos.

Árbores feitos a man para decorar Ponteareas este Nadal

Este Nadal Ponteareas énchese de decoración feita a man “con moitas ganas, agarimo e ilusión”. O Concello está a colaborar coa Federación de Comercio, Hostalaría e Servicios, Banastra, e coa asociación Adapta na creación de elementos decorativos.

Ponteareas acende este venres 2 unha iluminación de Nadal

O Nadal chega esta fin de semana a Ponteareas. O Concello convida a toda a veciñanza a participar no tradicional acendido da iluminación, que será este venres 2 de decembro. Ás 18.00 horas comezará a animación nas rúas con personaxes de Nadal, e a continuación producirase o acendido dende a Praza Bugallal.

Ponteareas resalta a importancia de ser ‘Valente e rebelde’ para loitar pola igualdade

Ponteareas aposta por propostas culturais para conseguir que a mensaxe de igualdade cale entre a veciñanza, especialmente entre as xeracións do futuro.

Salvaterra licita as obras para mellorar camiños das parroquias

O Concello de Salvaterra de Miño informa que están en proceso de licitación obras por preto de 170.000,00 € a través do Plan Concellos 2022, nas parroquias de Meder, Fiolledo, Leirado e Arantei.

Ponteareas inicia os trámites para a transformación urbanística da área de Granitos de Galicia e Aceros del Tea

O Concello de Ponteareas iniciou a tramitación do desenvolvemento urbanístico da área de reparto nº 10 do PXOM, de case 17.000 m2, onde se asentaba Granitos de Galicia e Aceros del Tea.

Culturgal réndese ao libro ‘Rogelio Lorenzo. Paleta de nove cores’, da colección Creadores Ponteareáns

Ponteareas volve amosar un anaco da súa historia, da súa arte e da súa literatura no Culturgal, a Feira de Industrias Culturais de Galicia, que esta fin de semana celebrou a súa décimo quinta edición no Pazo da Cultura de Pontevedra con grande éxito de participación.

Alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda apoian medidas para implantar na sanidade pública

Os alcaldes do Condado-Paradanta e Salceda de Caselas amosan o seu total apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) promovida pola Plataforma SOS Sanidade Pública de Galicia, integrada por organizacións sociais, sanitarias, de pacientes, sindicais e políticas, coa que se busca que o Parlamento Galego debata e aprobe unha serie de medidas urxentes a implantar en atención primaria.