Xoves, 7 Novembro de 2024

O Condado

Xa están rematadas as obras da glorieta que comunicará a EP-4006 e EP-4202 co centro das Neves

A Deputación de Pontevedra vén de rematar as obras de mellora da mobilidade peonil na EP-4006, nas Neves.

ENDESA reclámalle ao Concello de Mondariz unha importante débeda

O pasado 26 de outubro, a compañía ENDESA comunicoulle por escrito ao Concello de Mondariz que a débeda pendente con esta empresa subministradora de electricidade é de “144.385,75 euros siendo el importe de la misma con antigüedad mayor de 60 días, y por lo tanto vencida y exigible de 81.952,30 euros”.

O programa ‘Coidados porta a porta’ regresa a finais de novembro a Ponteareas

Ponteareas acolle este mes unha nova visita do programa ‘Coidados porta a porta’, unha iniciativa posta en marcha pola Xunta de Galicia e financiada con fondos europeos ao abeiro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia a través do que se presta de balde servizos de podoloxía, audioloxía e estimulación da memoria a persoas maiores de 55 anos residentes na vila.

Mondariz aposta polo emprendemento local a través das III Xornadas de Oportunidades de Desenvolvemento no Medio Rural

Este sábado, 12 de novembro, están programadas as III Xornadas de Oportunidades de Desenvolvemento no Medio Rural de Mondariz. Nesta edición, as iniciativas de recuperación de terras abandonadas que se visibilizan xiran arredor de experiencias emprendedoras no territorio galego que poidan servir de inspiración para persoas e colectivos sociais que estean buscando oportunidades de desenvolvemento socioeconómico no medio rural.

Facultade Ágora aplaude o modelo ‘Ponteareas Vila Dez’

Os ‘Obradoiros’ da Facultade Ágora remataron hoxe en Ponteareas cun aplauso xeral ao modelo da vila implantado dende a chegada do actual goberno local, que permitiu aumentar a calidade de vida da veciñanza e que gañou, só nos últimos tres anos, 40.000 metros cadrados de espazo público para as persoas retirándollelo aos coches.

Bodegas La Val entrega íntegra a recadación do seu “La Val Solidario 2021” a DisCamino

Bodegas La Val, unha das marcas pioneiras da Denominación de Orixe Rías Baixas, fixo entrega hoxe aos representantes de DisCamino dun cheque polo importe íntegro resultante da venda das 200 botellas da V Edición Limitada do seu albariño “La Val Solidario 2021”.

O documental sobre Emilia Pardo Bazán, rodado no Balneario de Mondariz, chega aos cines

Un ano despois dos actos de celebración do centenario da súa morte, a figura da galega Emilia Pardo Bazán segue de máxima actualidade. Este venres chega aos cinemas “Emilia”, un documental que profunda na figura dunha das escritoras máis importantes da literatura nacional.

A obra de teatro “Invisibles” chega ao auditorio de Mondariz

O Concello de Mondariz, comprometido firmemente coa igualdade na súa programación de actividades socioculturais, ofrece de balde no auditorio municipal este sábado, 12 de novembro, a obra de teatro "Invisibles", unha adaptación da novela homónima da escritora e investigadora especializada en memoria histórica Montse Fajardo.

A unidade móbil de doazón de sangue estará en Ponteareas este 11 e 12 de novembro

Ponteareas acolle esta semana dúas novas xornadas para doazón de sangue. A Concellería de Saúde, que dirixe a alcaldesa Cristina Fernández Davila, informa que a unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estará na vila o venres 11 e o sábado 12 de novembro.

Ponteareas, un exemplo de como recuperar o espazo público para as persoas

Persoal técnico e político dos concellos da provincia de Pontevedra visitarán este xoves 10 de novembro Ponteareas para analizar in situ as obras realizadas na vila para a recuperación do espazo público.

A voz da infancia e da mocidade ponteareá escóitase no Encontro Estatal de Consellos locais de participación

A voz de Juan, Lucía e Mateo escoitouse esta fin de semana no sétimo Encontro Estatal de Consellos locais de participación organizado por Unicef e que este ano volveu reunir de forma presencial en Cáceres a 180 nenos e nenas de entre 10 e 17 anos de todos os recunchos de España.

Descubre os segredos que agochan os nomes das parroquias ponteareás este mércores 9 de novembro na sala multiúsos

Ponteareas acolle este mércores 9 de novembro a campaña ‘Toponimízate! Falámosche dos nomes da túa terra’, unha actividade do proxecto Galicia Nomeada coa que se procura chamar a atención sobre o perigo que corre a toponimia tradicional e se busca a persoas que colaboren coa iniciativa.