Xoves, 7 Novembro de 2024

O Condado

Salvaterra traballa na mellora das beirarrúas do polígono Chan da Ponte

O Concello de Salvaterra de Miño está realizando obras de mellora das beirarrúas que se encontran no Polígono Industrial Chan da Ponte, co fin de mellorar a seguridade e accesibilidade tantos dos traballadores e traballadoras como dos veciños da zona.

Unha persoa ferida en Mondariz tras caer unha árbore sobre o seu vehículo

Os servizos de emerxencias tiveron que desprazarse onte ata o quilómetro 3 da EP-4304, en Mondariz, para asistir a unha persoa que resultou ferida tras caer unha árbore enriba do coche no que circulaba.

Salvaterra prepárase para unha noite de Samaín terrorífica

A noite do 31 de outubro, Salvaterra de Miño converterase no foco de atención de máis de 1200 valentes que se animaron a facer o tradicional roteiro de Samaín.

O XIII Encontro de Corais chega a Ponteareas este sábado

A Asociación de Veciños San Gregorio de Guillade organiza, en colaboración co Concello de Ponteareas, a XIII edición do Encontro de Corais coa participación do ‘Coro de Voces Fornelenses’ de Fornelos de Montes, a ‘Coral Polifónica Alecrín de Brión’, que acudirá dente Ferrol e a residente, a ‘Coral Ars Cantorum’.

O servizo “Coidados porta a porta” chegan a Salvaterra

O Concello de Salvaterra de Miño informa que os días 18, 21 e 22 de novembro estará no aparcamento de terra, que se encontra detrás do Concello, o autobús de Coidados Porta a Porta.

Ponteareas abre unha nova convocatoria de subvencións para deportistas de alto nivel

O Concello de Ponteareas quere reforzar o apoio á potencia deportiva da vila cunha nova convocatoria de subvencións dirixida a deportistas federados de alto nivel que residan no municipio.

Ponteareas aposta por reiniciar e manter viva a actividade nos centros e casas culturais

Un ano máis, o Concello de Ponteareas abre a convocatoria de subvencións para o apoio á cultura destinadas aos centros e casas culturais ponteareás para este ano 2022, unhas axudas que buscan “reiniciar e manter viva a actividade nunhas das entidades vertebradoras da vida cultural e social máis relevantes da nosa vila e das nosas parroquias”.

As Neves acolle o ‘I Encontro de Artes no Territorio’

O próximo sábado 29 de outubro, As Neves será o escenario do '1º Encontro de Artes no Territorio', un evento que quere servir de base para pensar novas fórmulas que axuden a potenciar a economía e o desenvolvemento turístico dende as artes e a cultura.

Mondariz completa melloras viarias en Vilar e Lougares

O Concello de Mondariz completou este mes de outubro as obras incluídas no Plan Marco 2021-2022 para a mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas, que ascenden a 64.911,55 €.

Terror, comedia e desarraigo vital nunha nova proxección do ciclo ‘Mestre Mateo’ en Ponteareas

Esta semana chega a Ponteareas unha nova sesión do ciclo ‘Mestre Mateo’, unha actividade organizada pola Academia Galega do Audiovisual e pola Deputación de Pontevedra que está a traer á vila a proxección gratuíta de películas gañadoras e finalistas nos premios do mesmo nome que recoñecen a excelencia das producións audiovisuais de Galicia.

Unha cabaza encantada e cociña monstruosa para gozar este venres do programa Apego en Ponteareas

En Ponteareas preparámonos xa para celebrar o Samaín de forma terrorificamente divertida. A sala multiúsos do auditorio municipal acolle este venres 21 de outubro ás 18.00 horas unha nova actividade do Proxecto Apego.

Alumnos de Salvaterra participan nun intercambio escolar con Alemaña

O pasado xoves 13 de outubro de 2022, a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, recibiu no salón de plenos a unha delegación alemana de alumnado e profesorado que participa nun intercambio escolar con alumnado de 1º de bacharelato do IES Salvaterra de Miño.