Mércores, 6 Novembro de 2024

O Condado

Comeza o obradoiro de emprego de Salvaterra de Miño

Hoxe daba inicio en Salvaterra de Miño o Obradoiro dual de Emprego para o ano 2022/2023, cunha financiación de máis de 500.000 €.

O Goberno de Mondariz e o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar dan por pechada a crise do centro de día

O Concello de Mondariz recibiu o pasado venres, 30 de setembro, a visita do xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar, Perfecto Rodríguez, meses despois de chegar a importantes acordos sobre a resolución dos problemas de cofinanciamento do centro de día de Mondariz.

Alternativa por Mondariz lamenta que o concello de Mondariz deixe de apoiar a celebración de Outono en Son

AporM lamenta que o goberno do concello de Mondariz decidise deixar de colaborar co coro Mistura Vocal financiando o VI Ciclo Coral Outono en Son, que levaba 5 edicións celebrándose de forma ininterrompida na vila co apoio do Concello.

Os globos de San Miguel desafían o vento

O ceo de Ponteareas encheuse un ano máis de cor co lanzamento dos tradicionais globos de San Miguel, un agardado espectáculo que marca a recta final das Festas de Setembro que este ano volveu ter como escenario unha Praza de Bugallal ateigada de público.

Ponteareas aposta pola revitalización do centro histórico

O Concello de Ponteareas mantén a súa firme aposta por revitalizar o casco histórico da vila. Este martes a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, e concelleiros do goberno municipal acompañaron ao equipo técnico nunha charla aberta á veciñanza para informar das axudas, contías e procedementos de solicitude das subvencións para a rehabilitación de vivendas ou edificios situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV).

Salvaterra, Monçao, Tui e Valença poñen en valor a marca “Rio Minho” como destino turístico

O AECT Rio Minho e a Deputación de Pontevedra celebraron hoxe o Día Mundial no Turismo destacando o grande potencial do territorio miñoto e a necesidade de poñer en valor a marca ‘Rio Minho’ como destino transfronteirizo de natureza e patrimonial.

As obras de mellora da eficiencia enerxética do Centro de Día de Ponteareas, a piques de comezar

O Concello segue coa súa aposta clara por mellorar os servizos e instalacións municipais ao tempo que traballa para transformar Ponteareas nunha vila máis sustentable.

Ponteareas renova o seu compromiso coa promoción empresarial e o emprendemento

Ponteareas renova o seu compromiso coa promoción empresarial e o emprendemento local. O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron un novo convenio de colaboración para realizar actividades a través da oficina da rede SmartPeme en Ponteareas, que actualmente está situada no Centro de Desenvolvemento Local de Ribadetea.

Ponteareas organiza unha charla informativa sobre as axudas para a rehabilitación de edificios situados na ARI

O Concello de Ponteareas dá un paso máis no asesoramento sobre as diferentes liñas de axudas para a rehabilitación de edificios e inmobles situados na Área de Rehabilitación Integral da zona vella de Ponteareas (ARIZV).

A Xunta rehabilitará da Fonte de Troncoso en novembro

A Xunta de Galicia investirá 500.000 € na recuperación e rehabilitación da Fonte de Troncoso cun proxecto que se iniciará o vindeiro mes de novembro coa licitación dos primeiros traballos.

A mocidade colle agulla e dedal para mergullarse na costura de supervivencia

Aprender a coser o imprescindible para sobrevivir ao día a día. Ese é o obxectivo do novo obradoiro do programa Mocidade Viva, un curso de costura de supervivencia no que os rapaces participantes poderán achegarse en pouco tempo ás técnicas básicas dun xeito práctico.

O Espazo Lúdico Termal de Salvaterra cambia ao horario de inverno

O Concello de Salvaterra de Miño informa que no mes de outubro o Espazo Lúdico Termal pasa ao horario de inverno co cal, a partires do día un deste mes, os usuarios poderán desfrutar das instalacións en horario de 10.00 a 13.00 h e de 17.00 a 21.00 h.