A Xunta iniciou onte as obras de acondicionamento da estación de autobuses de Ponteareas que suporán un investimento autonómico de máis de 48.000 euros.
Ante a marcha do ata agora director da Banda de Música de Xinzo, Javier Blanco, por motivos profesionais, a agrupación pontareana ten xa novo director.
Un ano máis, nestas Festas de Setembro as atraccións feirais funcionarán sen música nin megafonía durante dúas tardes. O Concello de Ponteareas continúa a ter en conta ás persoas con diversidade funcional e pon de novo en marcha unha iniciativa para reducir os niveis de ruído e facilitar que as persoas con sensibilidade auditiva ou calquera outro tipo de trastorno que produza problemas sensoriais poidan tamén gozar das atraccións e da festa.
Éxito rotundo no regreso de Ponteareas ao século XX. A Feira Tradicional dos Remedios volveu á vila despois de dous anos de parón pola situación sanitaria e fíxoo cunha grande afluencia de público, participantes de todas as idades que percorreron as rúas do centro urbano para revivir por unhas horas como era a vida cotiá hai un século.
Esquerda Unida considera que é necesario tomar medidas contundentes tanto no entorno da Freixa coma con respecto a posibles vertidos que estean a afectar á calidade da auga do Tea. Aínda así, considera que boa parte da polémica xurdida esta tempada de verán con respecto ás zonas de baño da Freixa, "débese á falta de información por parte das administracións, por un lado, e a interese en desinformar por parte de algunhas persoas ou mesmo medios de comunicación".
Chega unha nova edición do Trofeo de Tenis Concello de Ponteareas. O Club Tenis Ponteareas organiza en colaboración co Concello da décimo tercera cita deste campionato que reunirá a máis de 100 deportistas chegados de toda Galicia para deixar nas pistas ponteareás os seus mellores golpes.
O Concello de Salvaterra de Miño, a través do Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven de rematar as obras de mellora de firme no barrio da Carqueixa, co fin de mellorar o estado da capa de rodadura actual, un camiño de 545 metros de longo con ancho medio de 4 metros.
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Condado e A Paradanta convoca a unha nova concentración o vindeiro sábado 17 de setembro na Praza Maior de Ponteareas ás 20 h. Na concentración farase a presentación da ILP (Iniciativa Lexislativa Popular) en defensa da sanidade pública que foi preparada polos distintos colectivos agrupados na plataforma SOS Sanidade Pública. Así mesmo, no transcurso da concentración tamén se procederá á recollida de sinaturas en apoio de dita ILP.
O Concello prepara xa as axudas municipais destinadas a subvencionar intervencións de mellora de espazos públicos levadas a cabo por colectivos de interese veciñal, que abrirán o prazo de presentación en breve. Serán un total de 10.000 euros cos que se busca “contribuír a mellorar a calidade de vida dos e das ponteareás e a dinamizar o asociacionismo veciñal”, como salienta a concelleira de Vías, Obras e Alumeado, Chus Garrote.
O secretario xeral do PSdeG-PSOE de Ponteareas, Delfín Domínguez, denunciou hoxe o estado actual de abandono da estación de autobuses de Ponteareas por parte da Xunta de Galicia. Domínguez visitou onte as instalacións para comprobar in situ o estado das instalacións. "O edificio estaba pechado, como sucede en moitas ocasións a pesar da afluencia de usuarios".
O Concello das Neves, deu formalmente os parabéns, nunha recepción, a Lucía Rodríguez e Basilio Porto, que veñen de acadar tres medallas no Campionato de Europa Júnior de Bádminton, disputado el Belgrado. Os dous deportistas do Club de Bádminton Suflenorsa As Neves, recibiron os parabéns da Corporación Municipal, representada polo alcalde, Xosé Manuel Rodríguez Méndez; os dous tenentes de alcalde, Marcelino Couto e Óscar González, e a concelleira de Mocidade, Rocío Barreiro.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.