Mércores, 6 Novembro de 2024

O Condado

O ciclismo volve as rúas de Ponteareas co Trofeo Festas de Setembro-Gran Premio Borja Gómez Méndez

As bicicletas volven as rúas do centro de Ponteareas esta fin de semana. A vila do Tea acollerá este domingo a segunda edición do Trofeo Festas de Setembro - Gran Premio Borja Gómez Méndez, unha proba de ciclismo en estrada que arrincará ás 09:00 horas e que ten como principal novidade a celebración dunha carreira inclusiva.

Ponteareas súmase a ‘Galegas dixitais’, un programa de formación para a dixitalización de mulleres no rural

O Concello de Ponteares súmase a ‘Galegas dixitais’, un programa de formación totalmente gratuíto que ten por obxectivo a dixitalización de mulleres demandantes de emprego, especialmente no rural. O Centro de Desenvolvemento Local acollerá as clases deste completo curso no que todas as participantes poderán gozar dunha completa formación en ferramentas que “sen dúbida favorecerán a empregabilidade e impulsarán o emprendemento".

O Concello destinará 70.000 euros ás subvencións ás comunidades de augas de consumo de Ponteareas

O Concello xa ten aberto o prazo de presentación de solicitudes para as subvencións municipais ás comunidades de usuarios de augas de consumo de Ponteareas, unhas axudas ás que destinará 70.000 euros para a mellora das instalacións durante o ano 2022.

EU Ponteareas reclama unha mellora no Servizo de Axuda no Fogar

Esquerda Unida de Ponteareas ven de denunciar a situación na que se atopa o Servizo de Axuda no Fogar ao que, di a formación asemblearia, "o Concello de Ponteareas leva anos precarizando". EU asegura que, actualmente, as traballadoras "non cobran os pluses de perigosidade e penosidade que veñen recollidos no convenio laboral vixente e están obrigadas a usar o seu coche persoal sen que se lle actualice a tarifa de quilometraxe (0,19€/quilómetro), reducindo así o seu poder adquisitivo".

Mondariz ultima a legalización do colector xeral de augas residuais

O Concello de Mondariz continúa traballando para solucionar os problemas de conexión da rede municipal de saneamento coa Estación Depuradora de Augas Residuais (EDAR) construída en Mondariz-Balneario. Ao tempo que insiste no cumprimento do convenio de colaboración que asinaron os dous concellos en 2005 para o sostemento conxunto da gardería infantil, o punto limpo e a depuración de augas residuais, está en proceso de legalización do colector xeral de augas residuais construído en 2015 na marxe esquerda do río Tea.

Ponteareas investirá 185.000 euros en corrixir as filtracións de auga causadas polas “defiencientes obras” realizadas polo PP no 2010

O Concello de Ponteareas está a traballar na reparación do Auditorio Municipal, unhas instalacións que soportaron filtracións e graves danos a causa das obras de impermeabilización executadas incorrectamente en 2010 ata obrigar ao seu peche hai dous anos para garantir a seguridade dos usuarios e usuarias. Tras moitos meses de traballo técnico, o Concello vén de sacar a licitación a primeira fase do proxecto de integración do auditorio Reveriano Soutullo na malla urbana da vila, a través da que se acometerán as obras de impermeabilización e reparación de danos para a reapertura deste equipamento municipal.

Inscricións en marcha para a VI Carreira Popular de Mondariz

Este ano, o Concello de Mondariz volve contar coa Asociación Deportiva Mondariz para organizar a sexta edición da Carreira Popular de Mondariz, un evento que non se celebraba desde 2019 por mor da pandemia da Covid-19.

O Castelo de Sobroso acollerá unha nova actuación de “Música no ar”

O Castelo de Sobroso acollerá o xoves 8 de setembro, ás 19.00h, unha nova sesión do programa “Música no Ar” que a Deputación ten en marcha co obxectivo de levar a música clásica a espazos patrimoniais da provincia.

“Auga e Vida” nomeada a mellor obra artística do GDR Condado Paradanta

A fotografía “Auga e Vida” de Diego Alonso foi nomeada polo público como a “mellor obra artística do GDR Condado Paradanta”, na terceira edición do certame artístico que organiza a entidade supramunicipal.

Ponteareas acomete novos traballos para mellorar a mobilidade e seguridade das persoas

O Concello de Ponteareas continúa executando novas actuacións dirixidas a mellorar a mobilidade das persoas e a súa seguridade nos espazos públicos, reequilibrando a distribución do espazo entre vehículos e peóns.

Ponteareas prepara a volta ao colexio con xogos populares

Banastra, a federación do comercio, hostalaría e servizos de Ponteareas organiza este venres 2 de setembro xunto co Concello unha xornada de lecer de balde coa que prepararse para a volta ao cole a golpe de entretemento e diversión.

O programa ‘Puntadas con fío’, clave na loita pola Igualdade en Ponteareas

O Concello de Ponteareas continúa traballando man a man coa veciñanza para eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, previr e erradicar a violencia de xénero e establecer condicións que posibiliten a participación das mulleres na vida política, económica, cultural e social.