Martes, 5 Novembro de 2024

O Condado

A mocidade ponteareá achégase este venres ao brilé, o gran sobrevivente dos xogos

Nova xornada de lecer ao abeiro do programa Mocidade Viva. Este venres 20 de maio, o parque das Pombas acollerá unha xornada de brilé ou balón prisioneiro, un xogo tradicional que aínda é moi practicado hoxe en día nos centros educativos pero que case non se ve nas rúas.

A película documental “A poeta analfabeta” chega a Redondela e Ponteareas

O Ciclo Mestre Mateo, que promoven conxuntamente a Academia Galega do Audiovisual e a Deputación de Pontevedra, celebrará os vindeiros días 21, 27 e 28 a súa terceira sesión coa proxección nos concellos de Forcarei, Poio, Redondela, Ponteareas e Cambados do documental “A poeta analfabeta”.

Parabéns á poeta ponteareá Teresa Ríos polos galardóns no Certame Vilariñas e no aRitmar

O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, traslada os parabéns en nome de todo o Goberno local á poeta ponteareá Teresa Ríos, que acaba de engadir nestes días dous novos galardóns á súa traxectoria.

A depuradora de Vilasobroso segue sen funcionar 10 meses despois do remate das obras

Os concelleiros Xoán C. Montes e Tino denuncian que a EDAR, pensada para dar servizo aos barrios da Pena e O Cruceiro, segue sen servizo despois de investir máis de 137 000 €

Iniciadas as obras do camiño escolar que transformarán a rúa Trobador Xoán García de Guillade e outras da contorna

O Concello de Ponteareas iniciou as obras de transformación da rúa Trobador Xoán García de Guillade, que se converterá nun espazo público de calidade para as persoas.

A Deputación leva aos concellos do Baixo Miño, Condado Paradanta, Val Miñor e Redondela o espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’

As actividades das Letras Galegas organizadas dende os servizos de Lingua e Memoria da Deputación de Pontevedra chegarán a 35 concellos de todas as comarcas da provincia para dar a coñecer a vida e obra de Florencio Delgado Gurriarán grazas ao espectáculo ‘De Valdeorras a México. Terra A Nosa’.

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra obtén un balance positivo do mes de abril

O Museo da Ciencia do Viño de Salvaterra ratifica a boa acollida que ten o seu contido museográfico entre veciños e foráneos.

Ponteareas elabora un plan integral para converter a área fluvial da Freixa-San Roque nun excepcional espazo natural e de ocio

Ponteareas quere converter a área fluvial da Freixa-San Roque, no río Tea, nun excepcional espazo público, natural e de ocio.

Salvaterra conmemora o Día das Letras Galegas

O próximo 15 de maio o Coro Cantemos de Salvaterra de Miño organiza, coa colaboración do Concello de Salvaterra de Miño, o seu concerto das Letras Galegas xunto a Coral Polifónica Santa María de Salceda, no salón de actos da Casa de Cultura de Salvaterra.

Mondariz celebra o mes da lingua cunha intensa programación de actividades socioculturais

O Concello de Mondariz continúa este mes de maio cunha intensa programación primaveral de actividades socioculturais para celebrar a nosa lingua.

Grande acollida dos composteiros individuais repartidos entre a veciñanza da parroquia de Fontenla

Grande acollida por parte da veciñanza de Fontela dos novos composteiros individuais repartidos nesta parroquia polo Concello, que aposta polo incremento do compostaxe en Ponteareas como ferramenta para mellorar a xestión de residuos e eliminar a materia orgánica que remata no colector verde.

A web de viaxes Aladinia elixe o Balneario de Mondariz como unha experiencia estrela

A web de viaxes Aladinia acaba de elixir o Balneario de Mondariz como a súa experiencia estrela para unha escapada na primavera coa que se pode chegar a “tocar o ceo”.