O Concello de Ponteareas apoia e felicita a ‘Iniciativa polo audiovisual galego’, impulsada pola Mesa de Normalización Lingüística, co obxectivo de buscar a igualdade para o galego na dobraxe, audiodescricións e financiamento de produción.
Borja Cachaldora, de 29 anos de idade é o novo axente da Policía Municipal de As Neves. Incorouse ao seu posto a semana pasada, logo de competar os 6 meses de adestramento regulamentario, a metade deles en Ponteareas e os outros tres na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) na Estrada.
Ponteareas converterase este 18 de marzo en escenario dunha nova cita co 8º festival cultural Convergências Portugal-Galicia, que achega á vila dúas propostas de artistas de ambos lados do río Miño para que a veciñanza poida gozar das súas interesantes creacións.
Durante toda a pasada semana PSOE e BNG mantiveron diversas reunións de traballo a fin de acadar un acordo sobre os orzamentos municipais para este ano 2022. ven de reunirse durante a semana pasada co BNG para pechar un acordo satisfatorio sobre os orzamentos municipais do ano en curso.
O pasado sábado 12 de marzo, a parroquia pontareán de Xinzo acolleu o III Festival de Bandas Infantís despois de tres anos sen poder celebralo debido á pandemia.
O Concello de Ponteareas está a reparar as deficiencias históricas na rede de saneamento da Avenida de Castelao no cruce coa rúa San Roque, onde a rotura das actuais tubaxes e a insuficiencia de dimensión para acoller o caudal necesario provocaban “graves problemas para a saúde pública polas verteduras de augas fecais á rúa, ao terreo e ao soto de edificios lindeiros”, como salienta a alcaldesa, Cristina Fernández Davila.
O Goberno municipal de Ponteareas celebra a aprobación provisional do proxecto de mellora da N-120 por parte do Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, unha noticia moi positiva que dá resposta as demandas realizadas dende Concello e colectivos veciñais.
Ponteareas remodelará a Casa do Concello para mellorar a eficiencia enerxética de todo o inmoble, construído en 1898 e catalogado como ben de Patrimonio Cultural. Xa está aberto o proceso de licitación para a primeira fase da rehabilitación enerxética da envolvente térmica e a reforma interior de varios espazos do edificio, o que suporá unha optimización da enerxía consumida e mellorará o confort interior das estancias.
Un ano máis, as concellerías de Cultura e Igualdade de Mondariz apostan por reivindicar o 8 de marzo durante todo o mes, cunha programación de varias actividades culturais con clara perspectiva feminista.
O Ministerio de Facenda vén de ratificar a información facilitada por Ponteareas, que exime ao Concello de acollerse ao Plan de Pago a Provedores e confirma a boa saúde financeira municipal.
próximo domingo 13 de marzo, a Banda de Música Xuvenil de Xinzo celebra a súa anual Asemblea Xeral Ordinaria no auditorio do Centro Cultural da parroquia ás 11:00h, con segunda convocatoria ás 11:30h.
Ponteareas continúa coa súa aposta pola promoción empresarial e o emprendemento. Concello e Deputación de Pontevedra renovaron o convenio de colaboración para realizar actividades a través da oficina de Ponteareas da rede SmartPeme, situada no Centro de Desenvolvemento Local.
Utilizamos cookies para mejorar su experiencia y nuestros servicios, analizando la navegación en nuestro sitio web. Si continua navegando, consideramos que acepta su uso. Puede obtener más información pulsando aquí:.Saber MásAceptar
Cookies
Privacy Overview
This website uses cookies to improve your experience while you navigate through the website. Out of these, the cookies that are categorized as necessary are stored on your browser as they are essential for the working of basic functionalities of the website. We also use third-party cookies that help us analyze and understand how you use this website. These cookies will be stored in your browser only with your consent. You also have the option to opt-out of these cookies. But opting out of some of these cookies may affect your browsing experience.
Necessary cookies are absolutely essential for the website to function properly. This category only includes cookies that ensures basic functionalities and security features of the website. These cookies do not store any personal information.
Any cookies that may not be particularly necessary for the website to function and is used specifically to collect user personal data via analytics, ads, other embedded contents are termed as non-necessary cookies. It is mandatory to procure user consent prior to running these cookies on your website.