Sábado, 2 Novembro de 2024

O Condado

Ponteareas adianta a súa Semana das Ciencias

O Concello de Ponteareas organiza unha nova edición da súa Semana das Ciencias, coa que se busca brindar ao público a oportunidade de coñecer da man de expertas e expertos universitarios os misterios da ciencia.

Comeza o proxecto “Salvaterra en Marcha”

O Concello de Salvaterra de Miño en colaboración co Clube de Montaña Airiños e dentro do proxecto “Salvaterra en Marcha” convoca a súa primeira saída á natureza o DOMINGO 27 de Marzo, totalmente de balde.

Ponteareas urxe á Xunta a decidir se acepta a colaboración municipal para a reforma da Estación de Autobuses

A alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández Davila, solicitou á Xunta de Galicia que decida se acepta a colaboración ofrecida polo Concello para remodelar o edificio da Estación de Autobuses.

As paradas de transporte escolar de Ponteareas contan con novas marquesiñas

Ponteareas xa conta con novas marquesiñas para sinalizar as diferentes paradas de transporte escolar da vila. O Concello procedeu á colocación destas instalacións e de mobiliario en diferentes puntos do municipio.

A Xunta destaca o seu compromiso cos servizos educativos de Salvaterra de Miño

A Xunta de Galicia reforza as infraestruturas educativas no concello de Salvaterra de Miño cun investimento de preto de 1,4M€ en dous anos no colexio Felipe de Borbón e no instituto de Salvaterra.

Ponteareas continúa dándolle pulo á administración electrónica

O Concello de Ponteareas e a Deputación de Pontevedra veñen de ampliar o convenio de colaboración para a posta en marcha e mantemento da Plataforma de Administración Electrónica.

O CN Ponteareas salienta no Campionato de España de natación

Do 3 ao 6 de marzo a cidade de Pontevedra acolleu o campionato de España de natación na categoría máster.

Alcaldes do Condado-Paradanta urxen á Xunta unha reunión para tratar a situación da Atención Primaria na comarca

As alcaldesas e alcaldes do Condado-Paradanta solicitan á Xunta manter unha reunión urxente para buscar solucións ante a situación que está a atravesar a Atención Primaria na comarca, onde a falta de persoal sanitario provoca un progresivo deterioro da atención sanitaria nos centros de saúde da contorna e, especialmente, en Ponteareas, onde radica o PAC de referencia de todo o territorio.

O Concello avanza para poñer o Centro Cívico de Ponteareas a disposición da veciñanza

O Concello continúa avanzando para poñer a disposición da veciñanza o Centro Cívico de Ponteareas. A iniciativa, que xa conta co proxecto básico e a autorización de Patrimonio Cultural, atópase agora en proceso de licitación da redacción do proxecto de execución, da elaboración de informes de eficiencia enerxética (IEE) e da dirección da obra do edificio situado na Praza Maior.

A Xunta concede axudas ás principais adegas do Condado, A Paradanta e o Baixo Miño

A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, vén de conceder 466.000 euros ás principais adegas das comarcas do Condado, A Paradanta e O Baixo Miño ao abeiro da orde de axudas para reestruturación e conversión do viñedo.

Ponteareas dá visibilidade ás mulleres ‘Galegas na ciencia’

Ponteareas leva este 8M aos centros educativos a loita contra o coñecido como efecto Matilda, a inxustiza sistemática cometida contra as científicas que durante décadas viron invisibilizado o seu traballo só por ser muller.

Ponteareas ofrécese a acoller a familias refuxiadas de Ucraína

Ponteareas abre as súas portas aos ucraínos e ucraínas que escapan da guerra. O Concello ofrécese a acoller a catro familias con menores e a brindarlles todo o apoio que poidan precisar nestes momentos e pon á súa disposición dúas vivendas sociais e dous aloxamentos no Convento de Canedo grazas á colaboración dos Franciscanos.