15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoA GuardaCharlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda

    Charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe na Guarda

    Un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila

    O Concello da Guarda, a través da Concellería de Medio Ambiente, organiza entre outubro e novembro un total de catro charlas informativas sobre o Plan de Compostaxe municipal en diferentes parroquias da vila.

    O Concello da Guarda continúa deste xeito co Plan de Compostaxe Municipal que este ano permitiu xa repartir de máis de 200 composteiros individuais, cuns kits de compostaxe que constan dun composteiro individual, aireadores e termómetros, mercados pola Concellería de Medio Ambiente a través dunha subvención do Servizo de Residuos da Xunta de Galicia.

    A primeira charla terá lugar o 28 de outubro ás 18:00h no local da Asociación de Veciños o Percamiño na Gándara, seguindo o 4 de novembro ás 20:00h na Casa da Comunidade de Montes de Camposancos, o 11 de novembro ás 19:00h no Local Social do Castro(Av. San Lorenzo) e finalizando o 18 de novembro ás 19:00h no Centro Social de Salcidos(A Portela).

    A técnica de Medio Ambiente municipal será a encargada de ensinar aos asistentes ás charlas é o funcionamento dos composteiros e o aproveitamento da compostaxe na vida diaria, cunha breve formación e explicación do Plan de Compostaxe Municipal. Para calquera dúbida sobre as charlas poden contactar no 676 674 837 ou no correo electrónico medioambiente@aguarda.es.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.