15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoO Alivio arranca este luns coa música e os contos de Migallas...

    O Alivio arranca este luns coa música e os contos de Migallas Teatro

    Estarán cos seus ‘Cantacontos’ ás 19.00 horas na Praza do Seixo. Actividade de balde, pero é necesario facer reserva previa chamando ao 986 622 001 ou en cultura@tomino.gal

    Tomiño arranca este luns a súa programación especial do Alivio, que chega cunha semana cargada de música, maxia, contacontos ou teatro de balde e para toda a familia. A compañía Migallas Teatro será a encargada de dar o pistoletazo a estas actividades co seu ‘Cantacontos’, contos tradicionais e de creación propia que son arrequentados con cancións, música e sons que contribúen a espertar as emocións de todos os nenos e nenas que se acheguen.

    María Campos e Carlos Yus crearán un espectáculo moi entretido para todo o público con diferentes contos como fío condutor, contos que tratan cuestións próximas a todos os nenos e nenas e que os convidan a participar dun xeito activo no seu desenlace. Unha hora de música e contos que deixará con ganas de máis.

    O espectáculo celebrarase na Praza do Seixo ás 19.00 horas con todas as medidas de prevención necesarias para garantir a saúde de todos e todas. A actividade é de balde pero é necesario reservar entrada previamente chamando ao 986 622 001 ou enviando un correo electrónico a cultura@tomino.gal.

    Podes descargar toda a programación das Festas do Alivio nesta ligazón.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.