15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoTomiño participará na Asamblea Estatal 'Eurodesk' de maneira virtual

    Tomiño participará na Asamblea Estatal ‘Eurodesk’ de maneira virtual

    A OMIX, que pertence a esta rede europea de información para a mocidade, mantivo unha reunión por videoconferencia con respresentantes de oficinas municipais xuvenís de España

    A Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Tomiño, asistirá virtualmente, o vindeiro 3 de xuño, á Asamblea Estatal de Multiplicadores Eurodesk que ía ter lugar en Mollina (Málaga), pero que debido á crise sanitaria, non poderá celebrarse de forma presencial, tal coma estaba previsto.

    A decisión tomouse nunha reunión virtual realizada estes días con representantes de outras oficinas muncipais xuvenís de España, co propósito de abordar tamén temas tales coma a formación online para o manexo de diferentes redes sociais usadas pola mocidade (como Tik Tok ou Instagram); a realización de webinars sobre cómo afrontar dende os servizos para a mocidade a situación de pandemia actual no que se refire a proxectos europeos; mobilidade, actividades para a mocidade, achegamento da información, mellora da calidade do servizo, etc.

    A oficina municipal, na súa condición de ente “Multiplicador Eurodesk”, informa sobre programas e actividades europeos dirixidos non só ás persoas mozas, senón tamén ás que traballan no eido da mocidade. De alí que na reunión celebrada, tamén se compartiran os “deberes” do persoal de Eurodek, pois para seguir pertencendo á rede, é vital cumprir os obxectivos, traballar de xeito cooperativo e activo.

    Por último, acordouse continuar coa labor de redactar eventos, artigos e noticias para crear contido en español e inglés na web do Portal Europeo de la Juventud (https://europa.eu/youth/EU_es) e resolver as dúbidas que a mocidade plantexa a través do mesmo.

    Por outra banda, sumándose á conmemoración do Día de Europa (9 de maio), a OMIX Tomiño está a compartir a través das súas redes sociais, entrevistas realizadas a algunhas das voluntarias europeas que traballaron no Concello dentro do programa Erasmus+.

    A Rede Eurodesk, á que pertence a OMIX Tomiño dende hai anos, centra a súa atención na información relativa ás áreas de educación e formación, co fin de que a mocidade se involucre en diferentes actividades europeas, accedindo á información de forma directa e sinxela, o que fomenta un sentemento de identidade europeo e abre unha morea de oportunidades. Os postos de Eurodesk son chamados Multiplicadores Cualificados e son oficinas locais repartidas por vilas e cidades de toda Europa, que dan a coñecer a información á mocidade, tanto presencialmente, como a través das ferramentas informáticas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.