15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis
    HomeBaixo MiñoTomiñoUnha profesora de chinés imparte clase por videoconferencia nun curso organizado pola...

    Unha profesora de chinés imparte clase por videoconferencia nun curso organizado pola OMIX de Tomiño

    Lili Wo divide o grupo en dúas quendas para poder cubrir mellor as demandas trinta estudantes

    O Concello de Tomiño leva anos apostando polos cursos de idiomas, que sempre teñen aceptación e demanda entre a poboación. Ademais de aprender outra lingua, a mocidade amplía as habilidades comunicativas e axuda a introducirse noutra cultura, e a abrir portas a nivel laboral. O alumnado adquire coñecementos de comprensión auditiva, lectiva, expresión verbal e escrita.

    Aos tradicionais cursos de inglés, francés, italiano e portugués fóronse engadindo outros menos convencionais, coma o chinés ou o ruso. E para sorpresa dos organizadores, as persoas que se apuntaron foron moitas.

    Poucos días antes de que comenzara o confinamento, arrancou o CURSO DE CHINÉS III, dirixido a persoas con coñecementos na lingua e quixeran melloralos coa axuda dunha docente nativa. Lili Wo, unha profesora nada en Shangai e radicada en Galicia hai 12 anos. Ás súas clases na Universidade de Vigo e no Instituto Confucio, suma ásorganizadas pola Omix de Tomiño, e nonlle vai nada mal, coma amosan as 30 persoas que continúan formándose con ela. Para non suspender o curso, decidíu impartilo a través de internet, dividindo o grupo en dos e realizando sendas videoconferencias dende a súa casa, en Salvaterra do Miño.

    Entre os seus alumnos e alumnas, son máis as mulleres que se interesan en aprender o chinés. A media de idade está entre os 25 e os 30 anos, aínda que tamén hai persoas de 16 e de 50. Unha vez á semana, se reúne con eles para seguir impartindo os fundamentos da súa lingua nativa, tanto falada coma escrita, da que xa coñecen máis de cen caracteres. Comenta que non é particularmente difícil, pero require estudio, coma todos os idiomas. Entre o alumnado hai dous mozos que xa superaron, incluso, o primeiro nivel dos exámenes oficiais coa máxima nota.

    Entre as estudantes figuran tamén dúas mozas nadas en China e criadas en Galiza que queren aprender o idioma da terra onde naceron.

    Pero, curiosidades aparte, o máis importante é que todos poden manter pequenas conversacións ou formular as preguntas básicas para poder relizar unha viaxe por China.

    A concelleira de Mocidade, Fátima Rodríguez, agradeceu “a boa disposición da profesora e do alumnado para poder continuar desenvolvendo a programación das accións formativas, a pesar do confinamento obrigado por esta causa de forza maior”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.