Mércores, 30 Outubro de 2024

Regresa DGusta Porriño, a cita de tapeo con 29 locais participantes

O Porriño prepárase para recibir unha nova edición de DGusta Porriño, a ruta de petiscos e tapas organizada pola Asociación de Hostaleiros de Porriño (AHOSPOR) coa colaboración do Concello e da Xunta. A partir desta fin de semana, cada venres e sábado de novembro, tanto veciños coma visitantes poderán gozar da oferta gastronómica local nun evento único.

A iniciativa, sucesora do Pinchorriño, ofrecerá durante todo o mes, de 19:00 a 23:00 horas os venres e sábados, as propostsa de 29 establecementos a un prezo de 1 euro, cunha ampla variedade para satisfacer todos os gustos, incluíndo opcións veganas.

Ademais, quen participe poderá acumular selos nun “pasaporte” especial: con catro selos, participarán nun sorteo con premios como un bono de 500 euros e dez de 50 euros para gastar en negocios locais.

Na presentación da ruta, o alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, quixo agradecer “o esforzo de todos os bares e restaurantes que fan posible este evento único. Grazas á súa implicación e á calidade que das súas elaboracións, non só nos ofrecen unha degustación, senón tamén unha experiencia que permite coñecer e gozar a nosa vila a través da gastronomía”.

Locais participantes

A francachela | Ácrono | Adega de Montero | Argentino 2 | Bar Liceum | Cafetería El Sol | Cafeteria Platinum | Chicoria Ultramarinos I Chocolatería Cocoa I Cólleo con pinzas | Come & calla I | cincuentaicinco | El Pincho | El rincón de Suga | En xogo | Hostal bo camino | Hotel Parque | La Bendecida | La Bici | La Cueva | Origen café | Paso a Nivel | Pinzas burguer I Saspi I Scala | Treinta y Tau I Undergroud | Xantar de Pepa | Zentral