15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasA Banda Xuvenil de Xinzo presentará o seu repertorio musical o vindeiro...

    A Banda Xuvenil de Xinzo presentará o seu repertorio musical o vindeiro mércores no parque da Feira Vella de Ponteareas

    O concerto dará comezo ás 21 horas e a entrada é gratuíta ata completa aforo

    A Banda de Música Xuvenil de Xinzo pon a punto os seus instrumentos para presentar todo o seu amplo repertorio musical no parque da Feira Vella o vindeiro mércores ás 21.00 horas. A entrada para asistir ao concerto desta agrupación histórica de Ponteareas será de balde ata completar aforo. O concelleiro de Cultura anima á veciñanza a asistir a este espectáculo que “mostra o gran talento musical dos mozos e mozas da nosa vila”.

    A Banda cumpriu este ano 42 anos de historia. Iniciou o seu camiño no 1979, cando un grupo de rapaces e rapazas iniciábanse na música da man do mestre D. José Guillén Lorenzo (Músico Profesional da Banda Militar do Cuartel de Barreiro en Vigo). O 28 de xuño de 1981, fixo a súa presentación oficial en Xinzo, cun concerto, e dende aquela centos de pesoas tocaron e aprenderon música na Banda. Ademais tamén contan cunha escola de música propia na que se imparten todas as disciplinas instrumentais.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.