15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis
    HomeO CondadoPonteareasAs ‘Naturezas Doentes’ de Manuel Pizcueta poñen o broche de ouro á...

    As ‘Naturezas Doentes’ de Manuel Pizcueta poñen o broche de ouro á programación do Mes do Libro en Ponteareas

    Alfonso Pexegueiro e Xabier Alcalde presentarán a obra este venres 6 de maio ás 20.00 h na sala multiúsos do auditorio municipal

    Ponteareas pecha esta semana o ciclo de presentacións para conmemorar o mes do libro con Manuel Pizcueta e a súa obra ‘Naturezas Doentes’. O poeta ponteareá Alfonso Pexegueiro e o escritor cangués Xabier Alcalde presentarán a obra gráfica deste artista  este venres 6 de maio a partir das 20.00 horas na sala multiúsos do auditorio municipal nun acto con entrada libre ata completar aforo.

    O público poderá coñecer os pormenores dun libro concibido como unha experiencia que pretende indagar na posibilidade dunha conxunción de linguaxes que, a pesar de pertencer a ámbitos diferentes, poidan xerar espazos de sentido compartidos. Coa obra, Manuel Pizcueta pon en escena, sobre a luz turbia dos sonos, a disolución dos perfís do real como experiencia que extrae da vertixinosa degradación do orgánico e da delirante proliferación do fragmentado, unha fusión cromática que evoca un mundo en descomposición, anegado pola liquidez putrefacta dunha contemporaneidade asolada.

    Nesta proposta paisaxística que envolve o existencial e o mundano cohabitan inquietantes reflexións do propio Alfonso Pexegueiro, a sutil mirada poética de Xosé María Álvarez Cáccamo e o propósito entre filosófico e literario de Xabier Alcalde.

    O concelleiro de Cultura, Fernando Groba, convida a toda a veciñanza a participar na última actividade da iniciativa ‘Abril, mes dos libros’, un ciclo de presentacións de obras de escritores e escritoras da comarca ou vinculadas á vila con Ponteareas co que o Concello conmemorou o Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor. O obxectivo era poñer en valor a época de pleno esplendor de creación literaria que se vive en Ponteareas e Galicia, “coa aparición de novas autoras e autores cun gran potencial e moita ilusión que debemos dar a coñecer a toda a veciñanza”.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.