Xoves, 7 Novembro de 2024

O BNG celebra en Ponteareas os seus 40 anos na comarca

O acto público terá lugar no auditorio municipal de Ponteareas este sábado ás 20:30 h.

O BNG do Condado-Paradanta baixo o lema 40 anos ao servizo de Galiza, celebra os 40 anos da súa fundación cun acto público, convidando a participar a toda a veciñanza da comarca e que terá lugar este sábado 19 de novembro ás 20:30 h, no auditorio municipal de Ponteareas.

Neste acto –no que se vai contar coas intervencións da alcaldesa de Ponteareas, Cristina Fernández e de Lucía Veciño, membro da Fundación Galiza Sempre–, proxectarase un vídeo documental elaborado cos testemuños da militancia da comarca e que relata como xerminou o BNG no Condado-Paradanta. 

Terá lugar tamén neste acto, a presentación do libro do 40 aniversario do BNG, e unha pequena actuación musical a cargo do grupo Voces de Arrieiro.