15.6 C
Pontevedra
Domingo, 8 de Setembro de 2024
Máis
    HomeVal MiñorNigránO Concello de Nigrán edita un novo almanaque cunha ducia de mulleres...

    O Concello de Nigrán edita un novo almanaque cunha ducia de mulleres do municipio como protagonistas

    "Os estereotipos de xénero siguen moi vixentes na sociedade e estas 12 mulleres, co seu papel, contribúen a que tomemos conciencia desta realidade e a que visibilicemos o traballo e esforzo extra que deben superar cada día ás mulleres para acadar as súas metas", explica o alcalde, Juan González

    O Concello de Nigrán ven de editar 1000 almanaques de mesa cunha ducia de mulleres do municipio como as grandes protagonistas de cada mes no 2024. O obxectivo desta iniciativa que naceu xa no ano 2023 con moito éxito, é visibilizar entre toda a veciñanza o papel da muller no desenvolvemento económico, cultural e social da localidade e contribuír desde a administración local a rachar coa fenda de xénero e os seus estereotipos. Estes almanaques serán entregados gratuítamente á veciñanza a través da Oficina de Información Cidadá (planta baixa da Casa Consistorial) de luns a venres de 9:00 h a 14:00 horas ata esgotarse os exemplares.

    Fotos © Ani Pérez

    As doce mulleres posaron ante a cámara da recoñecida fotógrafa nigranesa Ani Pérez para ilustrar cada mes facendo referencia ao seu oficio e o resultado xa está a vista. Así, xaneiro abre con Esther Nande, única campaneira de todo o Val Miñor na igrexa de Santiago de Parada; febreiro con María Fernández, presidenta do Club de Fútbol Racing de Vilariño; marzo con María del Pilar Rouco, primeira muller taxista na provincia de Pontevedra; abril con Marta Anta, Premio Mestre Mateo 2003 e 2015 por mellor deseño de vestiario e xerente dunha mercería; maio coas irmás Beatriz e Mayte Gil, da librería Paraísos de Papel; xuño coa gaiteira Emma Santos; xullo coa catedrática de Inmunoloxía África González; agosto coa directora deportiva e presidenta do Club Baloncesto Nigrán, Nuria Gómez; setembro coa xerente do club hípico ‘Llamas de Cea’ Judith García; outubro coas catro creadoras do chorizo de cabaza ‘calabizo’, Keila, Edurne, Carmen e María; novembro coa condutora de autobús Julia Iglesias; e para pechar o ano a mariscadora Celeste González. “O conxunto desta ducia de mulleres con dedicacións moi diversas representa a todas as mulleres de Nigrán. Elas, co seu traballo e o seu coñecemento, contribúen a normalizar o que sempre debeu de ser normal, por iso é importante visibilizado e recoñecelo públicamente”, sinala o alcalde, Juan González.

    “Os estereotipos de xénero siguen moi vixentes na sociedade e esta ducia de mulleres, co seu papel, contribúe a que tomemos conciencia desta realidade e a que tomemos conciencia do esforzo extra que deben superar cada día ás mulleres para acadar as súas metas”, explica a concelleira de Igualdade, Patricia Diego, quen sitúa nesta liña a exposición e catálogo ‘Mulleres de Nigrán -1970’ elaborado polo Concello e dirixido precisamente a visibilizar o papel da muller na historia do municipio grazas a imaxes nas que elas son as protagonistas.

    LIBROS

    A pegada de «Ronsel»

    A editorial Galaxia vén de recuperar a súa vella colección «Ronsel», concibida nos anos 80 para darlle cabida «a novas voces e a novas temáticas das nosas letras», en palabras da propia editorial. Daquela, foi o espazo no que se deron a coñecer algúns autores que, andado o tempo, acadarían sona no noso sistema literario, como foi o caso de Darío Xohán Cabana ou Miguel Anxo Murado. Nesta nova andaina e, polo de agora, estréase con dúas publicacións, pero anuncian novas sorpresas ao longo de todo este ano.

    Dores Tembrás, «Enxertos»

    A nostalxia é unha materia prima habitual á hora de escribir poesía, mais non fai falla chegar a tanto. Se, a cotío, esa nostalxia leva implícita certa dose de tristura morriñenta para lembrar tempos pretéritos, non sempre ten que ser así, como demostra Dores Tembrás no seu último poemario, «Enxertos». Dores mergúllase na súa propia memoria, na súa infancia na aldea e na mocidade urbanita, para poñer en práctica unha modalidade de nostalxia leda e luminosa, alonxada de tristuras e saudades

    Queridos Reis Magos…

    Nas cartas aos Reis Magos de Oriente nunca debe faltar unha boa dose de literatura, sexa cal sexa a idade do receptor. Neste andel, como facemos sempre, queremos aportar algunhas recomendacións dirixidas aos máis pequenos da casa.