A política local 'Con Voz de Muller'

Por vez primeira o PSdeG-PSOE de Pontevedra promoveu hoxe un acto no que fixo gala da forza feminina progresista coa que o partido concorre nas vindeiras eleccións municipais. Baixo o título 'A política local con Voz de Muller' as e os socialistas pontevedreses reuniron no Salón José Peña de Cambados a máis de 300 persoas que serviu para presentar ás candidatas ás alcaldías que concorren na provincia que representan un 44% do total das candidaturas que o PSdeG-PSOE de Pontevedra presenta.

E todas elas coincidiron en destacar a enorme influencia que para elas significa o exemplo de Carmela Silva, a primeira muller que ocupa a presidencia da Deputación de Pontevedra. Silva destacou as enormes presións que reciben as mulleres que dan un paso adiante para participar activamente na vida cultural, social, económica ou política e, por iso, fixo un chamamento ao voto nas vindeiras eleccións xerais e municipais, "para evitar que volvamos a retroceder", dixo, "porque os homes feministas están no Partido Socialista", afirmou, lembrando que foi Rodríguez Zapatero o primeiro en ter un goberno paritario mentres que no de Sánchez o 65% son ministras. "Con Rajoy retrocedemos e non hai máis que ver os actos de Casado e de Rivera para saber onde nos queren ás mulleres os destes partidos".

con voz de muller 03

Por iso tanto Carmela Silva como a vicesecretaria política do PSdeG-PSOE de Pontevedra, Paula Fernández, tiveron palabras de agradecemento ao secretario xeral, David Regades, que acudiu ao acto acompañado doutros candidatos e cargos públicos, "pola súa xenerosidade e firme compromiso co feminismo".

Fernández Pena, que foi a encargada de presentar o acto, tivo tamén palabras para todas as compañeiras candidatas que participaron neste acto con Voz de Muller. "Cando unha muller da un paso adiante, o mundo cambia, e cambia para mellor e con estas compañeiras que hoxe me acompañan imos cambiar cada concello, imos cambiar o mundo, porque a política local é a política con maiúsculas", afirmou. "Desde a política municipal constrúese unha sociedade máis xusta, máis igualitaria e iso só o imos conseguir cando unha voz de muller estea en todas partes".

con voz de muller 02

Concellos con Voz de Muller
Cambados foi a anfitrioa deste evento multitudinario da man da súa alcaldesa, Fátima Abal, que foi arroupada por todas as compañeiros e compañeiros socialistas. Xunto a ela estiveron presentes as candidatas socialistas nas listas municipais nos seus concellos: Mari Carmen Silva, en Vila de Cruces; María Jesús Garrote, candidata en Ponteareas; Chelo Besada, en Poio; Rocío Touriño, polo concello de Portas; Verónica Tourón, candidata en Salceda de Caselas; Rocío Bernárdez, por Salvaterra de Miño; Aínhoa Fervenza, por Sanxenxo; Ana Belén García, cabeza da lista en Meaño; Lina Garrido, por Cerdedo-Cotobade; Paula Vicente, no Rosal; Paz Vidal, candidata por Campo Lameiro; Ana Belén Martín, candidata en Cangas; Paz Freire, que o fai por Moaña; Verónica Montero, en Soutomaior; Digna Rosa Rivas, candidata en Redondela; María Ferreirós, por Valga; Diana Pereira, candidata de Moraña; Victoria Alonso, en Mos; Verónica Pichela, cabeza de lista de Forcarei; Marta Giráldez, en Meis e Eva García de la Torre, que aspira a revalidar a súa alcaldía en Porriño.

Algunas delas preséntanse por vez primeira, outras xa levan anos na política, todas elas cunha bagaxe profesional e persoal que as fai mulleres capaces para estar á fronte dos seus municipios, que loitarán pola súa veciñanza e para construír unha sociedade de futuro.