É noticia...

Máis de 370 participantes, esta fin de semana, no programa "En ruta coa Depo"

O programa 'En Ruta coa Depo 2019' organiza esta fin de semana 6 novas excursións nas que participarán máis de 370 persoas de tres concellos da provincia. En concreto serán 378 veciñas e veciños dos concellos de Vigo, Pontevedra e A Guarda. Máis polo miúdo, xa este mércores 22 de maio, 54 persoas da Asociación Avelaíña coñecen á illa de San Simón, ao castelo de Soutomaior, a Ponte Sampaio, e ao Museo Meirande de Redondela.

Aberto o prazo para solicitar axudas para libros e material escolar

A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional abre o prazo para solicitar a participación no Fondo Solidario de Libros de Texto, ou ben as axudas para a adquisición de libros de texto, e de vales para material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria, ESO e Educación Especial en centros sostidos con fondos públicos, para o vindeiro curso escolar. O prazo para presentar as solicitudes permanecerá aberto ata o día 21 de xuño, como pode consultarse no Diario Oficial de Galicia de hoxe.

Etiquetado como

Edición 2019-2020 de "DepoEmprende na Escola", "DepoEmprende na ESO" e "DepoEmprende na FP"

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobará este luns as bases da edición 2019-2020 dos programas “DepoEmprende na Escola”, “DepoEmprende na ESO” e “DepoEmprende na FP”. Así, a institución provincial realiza unha convocatoria aos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra (educación especial, educación primaria, educación secundaria e formación profesional) para participar nas modalidades dos diferentes proxectos de fomento da cultura emprendedora no ámbito escolar.

Carmela Silva define a Rubalcaba como "un dos mellores políticos que tivo este país"

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, cancelou este mediodía a súa axenda oficial tras confirmarse o falecemento de Alfredo Pérez Rubalcaba, a quen definiu como “un home de estado, un dos mellores políticos que tivo este país, dunha enorme talla, pero tamén unha excelente persoa, e particularmente un amigo a quen nunca esquecerei”.

Deputación e Colexio de Veterinaria impulsan a identificación de 400 exemplares de gando equino

A Deputación de Pontevedra e o Colexio Oficial de Veterinaria veñen de acordar a identificación de ata 400 exemplares de gando equino que viven en réxime de liberdade ou semiliberdade nos montes da provincia, dando así resposta á inquedanza das comunidades de montes e ante a inacción da Xunta de Galicia. En total, a institución provincial inviste na actuación 9.600 euros co obxectivo de preservar o valor etnográfico, turístico, medioambiental e sostible das explotacións gandeiras tradicionais, ao tempo que impulsar o cumprimento da normativa vixente relativa á identificación dos équidos.

A Deputación impulsa unha liña pioneira para desenvolvemento de proxectos medioambientais nos colexios

A Deputación de Pontevedra pon en marcha un proxecto pioneiro para fomentar os estudos das disciplinas STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) entre a rapazada da provincia, especialmente destinado ás nenas, a través dunha nova liña de axudas para centros escolares que poñan en marcha proxectos medioambientais mediante as disciplinas STEM. “Sacamos adiante un novo proxecto educativo para garantir unha provincia de futuro", sinalou a presidenta Carmela Silva.

Suscribirse a este canal RSS