É noticia...

A Deputación pecha, cun rotundo éxito, as visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior

Cos últimos grupos repartidos en dúas visitas de mañá e de tarde, a Deputación de Pontevedra pechou este sábado unha nova edición das visitas teatralizadas ao Castelo de Soutomaior que este ano volveron a conseguir un completo éxito de público con máis de 300 persoas que, desde finais de abril, puideron desfrutar da historia do recinto, contada dun xeito dinámico, divertido e marcado pola innovación e o emprego das novas tecnoloxías.

A comarca do Condado-A Paradanta recibe financiación en catro iniciativas locáis para a xuventude

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, destacou que a Consellería de Política Social, a través da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, destinará case 23.600 euros a catro concellos da comarca do Condado-A Paradanta coa finalidade de poñer en marcha programas dedicados á mocidade durante o ano 2019. Nesta comarca víronse beneficiados os concellos da Cañiza e Ponteareas con 6.000 euros cada un, así como Mondariz, con 5.977 e Arbo con 5.600 euros.

576 clubes da provincia reciben este ano axudas da Deputación para o deporte federado

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra vén de aprobar a concesión das subvencións aos clubs deportivos da provincia que participan en competicións federadas de ámbito inferior a nacional para o ano 2019. Benefícianse este ano un total de 576 clubs da provincia, 19 máis que o ano pasado, pertencentes a 58 concellos da provincia de Pontevedra, tal e como sinalou a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva.

Silva traslada as condolencias da Deputación ás familias das vítimas do accidente da AP9

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, trasladou esta mañá as condolencias do goberno da institución provincial ás familias, amigas e amigos das dúas mozas de Redondela e do mozo de Pazos de Borbén, falecidos onte á noite no tráxico accidente da AP9 ao seu paso por Teis. As tres vítimas mortais do sinistro e os dous mozos feridos estudaban no mesmo instituto de Redondela onde eran moi queridas tanto nesta vila como en Pazos, xa que en Nespereira vivía un dos falecidos.

Todo preparado para as finais da 'Copa Deputación de Fútbol'

As finais da Copa Deputación, ás que asistirá a presidenta da institución provincial, Carmela Silva, xa están servidas tras tres meses de actividade nos que preto de 140 equipos da provincia pelexaron por chegar ao partido polo título. O récord de participación no torneo marcouse grazas á inscrición de 119 equipos masculinos e 19 femininos.

Sorteadas as prazas do 'Depo Aventura A Lanzada 2019' da Deputación de Pontevedra

A Deputación de Pontevedra efectuou esta mañá, no Pazo Provincial, o sorteo informático das prazas para o programa 'Depo Aventura A Lanzada' deste ano, que se vai desenvolver en 11 quendas distintas entre o 23 de xuño e o 7 de setembro, no Centro de Vacacións da Lanzada. Esta iniciativa permite que nenas e nenos da provincia pasen o seu tempo libre en campamentos de verán con actividades de carácter lúdico, cultural, deportivo e formativo.

Suscribirse a este canal RSS