Logo
Imprimir esta página

A Cañiza acolle este venres unha nova edición de +Novas Formas nas políticas locais

Este venres na Cañiza as e os socialistas da provincia celebran unha nova edición de '+Novas Formas nas políticas locais', encontros abertos á veciñanza nos que a presidenta da Deputación de Pontevedra, xunto ás e aos candidatos de Arbo, Covelo, Crecente e A Cañiza, fai un repaso ás políticas públicas e ás novas formas que traen as e os socialistas cando gobernan no eido local.

Coa vista posta nas próximas eleccións, a presidenta provincial valorará tamén o novo modelo aplicado na Deputación de Pontevedra, “onde abrimos as portas e as ventás”, asegura, “e garantimos a igualdade de servicios en toda a provincia e por riba de calquera cor político”.

“Son os valores de transparencia, compromiso social e igualdade, piares fundamentais do socialismo, os que marcan unha diferencia fundamental co clientilismo e o caciquismo propio das forzas da dereita”, sinala o secretario xeral provincial, David Regades, que anima á veciñanza a achegarse ás 20h ao Restaurante Reveca da vila, onde porán non só escoitar, senón tamén consultar dúbidas ou achegar propostas.

O secretario xeral provincial, David Regades, considera moi importante seguir traballando neste tipo de encontros directos coa cidadanía, concibidos na mesma liña na que tamén se están desenvolvendo as mesas sectoriais, estas últimas centradas en temáticas concretas e orientadas a captar novas ideas e proxectos que incorporar aos programas electorais.

Este será a terceira edición destes encontros, despois dos que xa tiveron lugar en Cangas e en Marín. As citas continuarán a desenvolverse ao longo deste mes por toda a provincia, achegando e rendendo contas ante a cidadanía.

© 2015 Comarcasnarede.es Todos los derechos reservados