O Concello de Arbo decreta tres días de loito oficial

As 21:00 horas está convocada unha concentración diante da Casa do Concello de Arbo As 21:00 horas está convocada unha concentración diante da Casa do Concello de Arbo

O Concello de Arbo celebrará hoxe sábado, 4 de xullo, un Pleno Extraordinario a petición dos grupos municipais do Partido Popular e da Agrupación de Electores de Arbo, no que se procederá á decretar tres días de loito oficial “polos tráxicos sucesos que acabaron coa morte de dous veciños, un deste municipio e do municipio limítrofe de Crecente”, di a convocatoria.

Os feitos, que xa adiantabamos na mañanciña de hoxe, aconteceron na tarde noite de onte cando a parella, que estaba no interior dun vehículo nas inmediacións do Pavillón dos Deportes de Arbo, foi aboradada por unha terceira persoa que lles disparou cun arma de fogo ocasionándolles a morte.

A parella era moi coñecida na localidade xa que el era natural do municipio, mentres que a moza, veciña de Crecente, traballaba nun coñecido restaurante de Arbo. Aínda que os feitos aínda están sendo investigados pola Garda Civil, todo apunta a un crime pasional xa que, pouco tempo despois dos tráxicos sucesos, o instituto armado procedía a detención do ex noivo da rapaza como presunto autor dos feitos.

Hoxe sábado, unha vez rematado o Pleno Extraordinario solicitado polos dous grupos que forman a Corporación Municipal de Arbo, terá lugar unha concentración, ás 21:00 horas, na Praza do Concello de Arbo como mostra de repulsa polos tráxicos sucesos e de apoio aos seus familiares e amigos.