Arbo, Crecente e Melgaço revisan os seus límites internacionais

Un ano máis o Concello de Arbo e a Câmara Municipal de Melgaço asinan os documentos de Revisión de Limites entre España e Portugal. O acto, que tivo lugar no Salón de Plenos da Casa do Concello de Arbo, contou coa presenza do alcalde de Arbo, Horacio Gil, e o presidente da Câmara de Melgaço, Manoel Batista Calzada Pombal. Asemade, o alcalde de Crecente, Julio César García–Luengo Pérez, asinaba tamén o mesmo documento co presidente da Câmara portuguesa.

Os alcalde dos tres concellos intercambiaro os documentos dos seus plenos poderes atopados na debida forma por todos recoñecida e iniciáronse os traballos de visita que se tiñan acordados ao convir esta reunión. Nos termos do Art. 25 º do Anexo 1º do Tratado de Límites do 29 de Setembro de 1864, foi recoñecida a liña fluvial do Río Miño, que serve de fronteira entre Portugal e España, observándose que en ambas as marxes e no curso do río non houbo outras alteracións que as anotadas nas actas de vistas anteriores.

limites internacionais 1

Isto é un acto que vén realizando deas o ano 1864 entre os dous municipios limitrofes e que pon de manifesto a gran colaboración que existio e existe entre ambos os municipios, entre ambos os paises, a novidade deste ano é o acordo entre os tres municipios —Arbo, MelgaÇo e Crecente— de unirse neste acto, que cada ano celebrásese nun concello distinto.

O alcalde Horacio Gil, sinalou que "a colaboración entre os nosos dous paises vén sendo desde outrora, e non só neste acto", e matizou que a incorporación do Concello de Crecente "débese á afinidade con Arbo, e na unión destes tres municipios e a colaboración que teñen entre eles".