Primeiro Serán da Vella Barca en Arbo

O venres 24 de xullo a partir das 21:30 horas, no Torreiro de San Pedro, a Asociación Cultural a Vella Barca, organiza o “ I Serán da Vella Barca”. Os organizadores animan a todos os veciños e veciñas a achegarse ata o torreiro onde haberá comida, música e incluso un cursiño para comezar a dar os primeiros pasos de baile.


A Asociación Cultural “A Vella Barca” fundouse en Arbo en marzo de 2014. Foi creada por un grupo de amigos amantes do folklore galego promovidos pola necesidade de transmitir fielmente a música, os cantares e os bailes de toda a xeografía galega.

A través dos traballos de recolllida de campo por tódolos recunchos da nos aterra, tentando ser o máis fieis posibles, reproducimos os bailes típicos de cada zona debidamente ataviados coa vestimenta e a xoiaría da época e acompañados por fermosas melodías intentando manter as representacións dos nosos antergos.

A Asociación invita a todos os que desexen participar nesta actividade e pasar un rato divertido a que o venres 24 de Xullo participen con eles neste evento, donde haberá comida de balde para todos e un cursiño de baile para quen queira aprender uns pasiños.