A piscina de Arbo comeza a súa tempada estival

A piscina municipal de Arbo iniciou a súa tempada estival o pasado 2 de xullo. As piscinas, inauguradas no ano 1996, e están situadas no Barrio dá Chan, á beira do cuartel da Garda Civil da localidade. O pasado ano, as instalacións eran obxecto de fondas obras de renovación, desenvolvento traballos de mantemento e substitución dos cadros eléctricos, a incorporación do sistema de ventilación para a renovación de aire, cambio de tubaxes, bombas de depuración, válvulas, manómetros ou a carga de area nos depósitos de depuración, entre algunhas outras.

Tamén se renovou a piscina pequena (infantil) e no vaso da piscina grande repuxéronse as baldosas de cerámica.

piscina arbo 02

Son dúas piscinas, unha grande para adultos e unha pequena para os nenos, aseos e vestiarios. Un ano máis, tamén ofrece unha cantina que serve refrescos, xeados ou bocadillos, ademais dunha pista de baloncesto e unha gran zona de céspede onde se pode xogar, comer e beber. O horario de apertura é de luns a venres de 11 h a 13.30 h e de 15:30 h a 21.00 h pola tarde. As fins de semana funciona en horario continuo de 11 h a 21 h. A entrada xeral ao recinto custa 1,20€ pero para os nenos de entre 6 e 12 anos o prezo é de 0,90€. Para os máis pequenos a entrada é gratuíta.

O alcalde de Arbo, Horacio Gil, subliñou o feito de que coas obras de mellora e acondicionamento levadas a cabo nos últimos tempos na piscina municipal de Arbo, "inclúense melloras sanitarias e de estética no recinto, mellorando a seguridade e asegurando a súa continuidade como un dos núcleos de reunión e entretemento da vila. Especialmente para os nenos de Arbo e para os numerosos pequenos que nos visitan nas vacacións de verán".