Xunta e Deputación conceden a Arbo máis de 421.000 euros de subvención

A Xunta de Galicia concedeu o Concello de Arbo unha subvención de máis de 221.000 euros para a realización de obras de mellora viaria e diversas actuación que teñen que ver coa preservación do ecosistema natural do Miño. Pola súa banda, a Deputación concedeu outra subvención de máis de 200.000 euros para diversas obras de mellora de infraestruturas.

A subvención concedida pola Xunta de Galicia, por un importe de 221.498,57 €. destinase á realización de obras de mellora de camiños en Chan-Barcela e Fontemaría-Arbo; preservación do ecosistema natural Río Miño-RED NATURA; Contratación de 3 peóns perceptores de RISGA; reparación e mellora das estacións depuradoras; mellora eficiencia Enerxética; alumeado público no núcleo de Arbo; contratación de 2 peóns perceptores de RISGA e ampliación de 177 horas SAF-dependencia abril-dec. 2015

En canto á subvención recibida da Deputación Provincial de Pontevedra, que alcanza os 200.652,34 € será destinada a obras na rede de saneamento en Santa María; ampliación da PPOS 15; traballos na pista Polideportiva no CEIP Antonio Carpintero; instalación dunha marquesiña para parada de autobús e reparación de marquesiña en paseo fluvial ponte internacional; ampliación, adecuación parques infantís (Parque de Turbela e Parque da Coruxa) e alumeado público, retranqueo de muro para ampliación de vial e obras na rede de saneamento na Costa e Mandelos.