Peche de inscrición do curso de Mecánica Básica do Automóbil

Mañá venres, 5 de xuño, péchase o prazo para que os interesados e interesadas poidan participar no curso de Mecánica Básica do Automóbil que se desenvolverá en Arbo.

As actividades deste curso, incluído dentro do Plan Actívate da Deputacion Provincial de Pontevedra, se desenvolverán entre o 22 de xuño e o 3 de xullo, de luns a venres e de 9 horas a 13:00 horas no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo. A duración total será de 40 horas lectivas.

A iniciativa está dirixida a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 16 e os 35 anos (ambas incluídas), residentes no Concello de Arbo. As persoas que non cumpran o requisito de non residentes no municipio ou da idade, poderan solicitalar a súa inclusión aínda que pasarán a formar parte da lista de espera no caso de que houbese prazas vacantes.

No caso de que o número de solicitantes excedese as prazas ofertadas para cada curso, o baremo a seguir por orden de importancia será o seguinte:
1. Persoas desempregadas do Concello
2. Persoas en activo do Concello
3. Persoas desempregadas doutros Concellos
4. Persoas en activo doutros concellos
5. Persoas que non cumpran o requisito da idade

As solicitudes presentaranse no Concello ata mañá 5 de xuño de 2015 e amais do modelo impreso debidamente cuberto, que se pode solicitar no propio concello, deberán achergar como documentación complementaria a fotocopia do DNI ou pasaporte en vigor e a tarxeta de demandante de emprego (en caso de tela).