Alex Osorno e Laura Santiso acompañan a Olaia Fernández Davila nunha visita á Lamosa

Alex Osorno, Olaia Fernández e Laura Santiso na xuntanza cos veciños e veciñas da Lamosa Alex Osorno, Olaia Fernández e Laura Santiso na xuntanza cos veciños e veciñas da Lamosa

A deputada do BNG, Olaia Fernández Davila, visitou onte o estado de conservación da nacional 120 ó seu paso pola parroquia covelense da Lamosa para, dende alí, trasladarse ata A Cañiza e puidendo comprobar de primeira man "o estado de abandono que sufre esta importante vía de comunicación" aseguraron fontes nacionalistas.

No seu percorrido, puideron comprobar como as liñas de sinalizacion viaria da calzada están practicamente desaparecidas, en especial no Alto de Fontefría, constituíndo un perigo sobre todo nos días de chuvia ou néboa. Amais o firme da estrada amosa múltiples deficiencias sendo necesaria a súa inmediata sustitución.

Doutra banda, o valado que impide o aceso á estrada do gando ceibe e de animais silvestres, sofre un total abandono, desaparecendo nalgúns treitos e con máis dunha cancela no chan, facilitando o transito dos animais pola estrada co perigo que iso conleva.

Despois da visita a deputada nacionalista, acompañada por Alex Osorno e Laura Santiso, concelleiros do grupo municipal do BNG de Covelo, participou nunha Asemblea Aberta coa veciñanza da Lamosa.

No decurso da xuntanza os veciños trasladaron as súas inquedanzas e demandas aos concelleiros nacionalistas. Olaia Fernández Davila presentou preguntas ante o Goberno central sobre o estado do firme da calzada da nacional 120, saber cando o Ministerio de Fomento vai a acometer a debida sinalización sobre a calzada, repoñer os treitos de valla nos tramos onde xa non hai e poñer cancelas alí onde faltan.