Alex Osorno, candidato do BNG á alcaldía de Covelo

Alex Osorno, candidato do BNG á alcaldía de Covelo Alex Osorno, candidato do BNG á alcaldía de Covelo

Alex Osorno, un rapaz novo e veciño de Covelo, será o candidato do BNG á alcaldía deste municipio da Paradantaa na vindeira cita electoral do 24 de maio. Osorno aceptou encabezar a candidatura "para permitir que Covelo poida ter un cambio real na política que ata o de agora gobernou o noso municipio", asegurou.

Alex Osorno, como novo que é, coñece moi ben as necesidades da mocidade covelense, pero tamén as carencias que padecen os maiores do municipio.

Osorno irá acompañado, na candidatura, de persoas novas que contan co apoio e experiencia de outras máis veteranas que levan anos traballando na política municipal de Covelo.

O candidato do BNG estuda un ciclo superior de administración e finanzas, practica deporte habitualmente, recibe clases de música e toca o piano. Asegura estar "arroupado por unha organización con xente que conta cunha ampla experiencia no tecido social de Covelo". Alex, segundo aseguran os nacionalistas de Covelo "encabeza a candidatura da renovación real que Covelo precisa".