Autonómicas 2016

Salceda de Caselas. O BNG en caída libre

O PP, aínda que cunha pequena baixada, aguantou o tirón en Salceda de Caselas que ten, en En Marea, a segunda forza política, algo que era absolutamente previsible. Postos a aguantar o tirón, tamén o PSOE o fixo cunha perda de tan só 11 votos mentres que o BNG, perdía máis da metade dos seus votantes e entra nunha auténtica 'caída libre'.

Redondela. En Marea a pouco máis de 1.000 votos do PP

Se nalgún municipio é significativa a aparición das Mareas na escena política, ese é Redondela. Pese a mínima baixada dos populares, En Marea non só se sitúa como segunda forza do Concello, senón que o fai colocándose a pouco máis de 1.000 votos do PP. Mentres o PSOE e o BNG seguen a tendencia a baixa que veñen levando, dende hai tempo, na vila dos viadutos.

En Ponteareas o PP manten o tipo. Espectacular aparición de En Marea

Sen caer na tentación da extrapolación o certo é que parecería que gobernar no Concello vén de facer certa labor de desgaste no PSOE, que cae lixeiramente (100 votos) e o BNG que ten unha caída máis pronunciada de máis de 500 votos. En Marea non só se consolida como a segunda forza, senón que o fai cuns excelentes resultados.

Suscribirse a este canal RSS